lunes, 31 de octubre de 2016

29 de OUTUBRO do 2016

Un sábado máis con todos vosoutros para facerlles agradable estas dúas horiñas de Radio en Galego. Hoxe non participa XULIO Couxil, por ter que atender certos motivos persoais. No control técnico KIKO, coma sempre, en nas locuacións en directo LAURA Santos, ARMANDO  Fernández e XOSÉ Lamela. A primeira comunicación-conversa é con don XOSÉ SIMOES, da Taberna del Clínic, un grande de gastronomía galega en Catalunya, con quen mantemos unha tertulia moi agradabel.

Saudamos a visita de ANTONIO DÍAZ, responsable da Revista Lúa Nova, que nos pon ao corrente das próximas celebracións que ten previsto realizar a A.C.G.Rosalía de Castro, e que coinciden precisamente co 30 Aniversario da nosa Radio. A máis importante o "30 Certame de Poesía Rosalía de Castro", un evento que honra á Entidade a a tódolos que fixeron o posible para que esto continúe.

Comunicación con Galicia para falar con MERCHI ALVAREZ, e GALICIAME, que nos informa da celebración da "2ªGALA -XANTAR Benéfico de Galiciame en Cambados". Os combidados e participantes nesta ocasión son de renome no ambiente artístico galego; seguiremos atentos a este acontecemento.

Conversa con don JESÚS Pérez, da Queixería "Castelo de Brañas" do Cebreiro, que nos recibe moi amablemente e fálanos dese producto galego de calidade, moi demandado ultimamente.

Finaliza o programa comentando con Antonio Díaz os acontecementos relacionados coa A.C.G.Rosalía de Castro e despiden o programa ate a vindeira semana.

Agardamos que nos sigan sintonizando e desexámoslles unha feiticeira semana de SAMAIN.

No hay comentarios: