sábado, 19 de diciembre de 2015

SÁBADO 19 de decembro do 2015

ULTIMO progama deste ano 2015. 
Comezamos ofrecéndolles escoitar unha panxoliña para FELICITARLLES as FESTAS a tódolos nosos oíntes e seguidores, e deseguida conectamos con Galicia para darlle os nosos parabens ao 3º Gañador do XXIX Premio de Poesía Rosalía de Castro, don MANUEL DOPICO PADRENDO. Aproveitamos para que tamén interveña o noso colaborador XOSE LAMELA.

A seguinte intervención é a de don JUAN PEDRO, Presidente de ASOBECAT, que nos fai sabedores da presentación da Roda de Prensa que realizará no Hotel Front Air de Sant Boi, o día 9 de xaneiro do 2016, para dar a coñecer a celebración do "XIII Festival do Botillo en Cataluña". Tamén falamos con don RAUL VALCARCE, Alcalde do Excmo.Concello de CASTROPODAME, que será homenaxeado este ano así como dona ISABEL GARCÍA FABA, Berciana Ilustre do 2016.

A segunda hora comezamos conectando novamente con Galicia para falarmos con dona MARIA LUISA IGLESIAS, gañadora nº 1 do Premio de Poesía Rosalía de Castro deste ano. Unha conversa que nos axuda a comprender un chisco máis a súa creación coa que foi agasallada.

Chamamos despois a dona ROCÍO LEIRA CASTRO, que acadou o nº 2 do Premio do que vimos falando este serán: XXIX Premio de Poesía Rosalía de Castro 2015. Despois de felicitala e escoitar as súas explicacións e apuntes sobre o seu traballo premiado, escoitamos a declamación do seu poema: "Muller en Cántiga. Lume no Peito". Un pracer e unha primicia para todos nós. Agradecémosllelo e despois de desexarlle unha Felices Festas, despedímola cunha panxoliña máis.

Falamos co noso Poeta da Mariña Lucense, PACO RIVAS, que nos agasalla a todos coa declamación de variass das súas composicións poéticas.

E non podía faltar a intervención do noso correspondente XULIO SIMÓN, que ademais de informarnos dalgunha que outra novidade intereseante, tamén nos agasalla recitando unha poesía para desexarnos Boas Festas a todos.

¡Que teñades unhas Festas Feiticeiras e que o Aninovo 2016 veña cheo de ventura pra todos!

No hay comentarios: