Unha semaniña máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programa de dúas horiñas, en GALEGO, con música, noticias e entrevistas que coidamos do voso interese.
A primeira é con don ASER ALVAREZ FERNANDEZ, fundador da Asociación ARAIANOS e grande coñecedor da BAIXA LIMIA. Unha entrevista chea de ensino.
Despois de escoitar outra peza de música, poñémonos en contacto con XOSE CARLOS G.G., membro da Xunta Directiva da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente da celebración das "Xornadas Culturais 2015" desa Entidade, e na que destacan os PREMIOS Literarios de POESÍA Rosalía de Castro e Narrativa Rosa Reboredo, así como a Conferencia a celebrar o día 12 de decembro e outras novidades moi interesantes.
Propoñemos, á nosa audiencia e seguidores, escoitar unha peza de música mentres agardamos poder comunicarnos con outro directivo doutra Entidade Galega, e aproveitamos para dar información doutras novidades acontecidas na nosa Galicia.
A seguinte conexión é con don FRANCISCO XAVIER, Vicepresidente da A.C.G.SAUDADE, de Barcelona, que nos da cumprida información dalgunhas das actividades que están a realizar, e convídanos a asistir, hoxe mesmo á súa "Festa da Empanada", que están a realizar.
Finalizamos escoitando unhas pezas máis da nosa música e despedíamonos ate o vindeiro día 12 de decembro, xa que o vindeiro sábado non teremos programa, por motivo da ponte festiva.
Que pasen unhas semanas feiticeiras. ¡Agardámos que nons volvan a sintonizar o próximo día 12!