sábado, 21 de febrero de 2015

SÁBADO 21 de FEBREIRO do 2015

Aquí vos deixamos "colgado" o programa de hoxe, coas entrevistas e charlas que mantivemos. Nos controis técnicos, coma sempre MARC FORT, e nas locucións, LAURA SANTOS, ARMANDO Fernández e mais un servidor de vostedes.
Comezamos o programa conectando con Galicia para falarmos con don OVIDIO RODEIRO, Director Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, e con don JOSÉ MANUEL IGLESIAS, responsable da Comisión da "XXXII FESTA da FILLOA de LESTEDO", cos que mantemos unha conversa-entrevista chea de informacións e moi interesante.

Unha pequena intervención con novidades e informacións musicais novidosas e de certo interese: O Grupo Oh Trio, Rústica de Cristina Pato... etcétera. Tamén falamos da Festa "Vespa Lacón" de Cuntis, unha celebración de final de Entroido nesa localidade.

Na segunda hora tamén comentamos algunhas noticias chegadas á nosa Redacción.

Falamos co noso Poeta da Mariña Lucense, Paco Rivas, que coma sempre ten preparado algún agasallo da súa propia creación, pero que no día de hoxe non puidemos escoitar con moita claridade. Agardamos que para a vindeira semana poidamos ofrecerlles unha mellor audición.

Para finalizar chamamos ao noso colaborador Xosé Lamela, que aínda se atopa algo convalecente. Desexámollle que se repoña o máis axiña posible e despedímonos de toda audiencia e seguidores pregándolles que volvan a sintonizarnos a vindeira semana.

No hay comentarios: