sábado, 14 de febrero de 2015

Programa atrasado do día 31 de xaneiro

Nesta ocasión tivemos que "enlatar" esta emisión, por mor de certas obrigas e compromisos personais da nosa Radio, pero agardamos que a oferta que lles propoñemos sexa do voso agrado.
A primeira parte dedicámosllela a falar un chisco do disco "Vendima tarda" que acaba de publicar o Grupo TREIXADURA , e que nos enviaron varias pezas deste novo volúme, cheo de vivencias e moi interesante. Aproveitamos para escoitar algún tema, ao longo do programa.

Na segunda parte seguimos con certas informacións e noticias chegadas á nosa Redacción e comentámolas entre os tres compoñentes do equipo de hoxe: LAURA Santos, Armando Fernández, o noso técnico Marc Fort e un servidor de vostedes.

A Terceira parte seguimos ofrecéndolles comentarios sobre as noticias que lles estamos a dar, así como a escoita doutras pezas musicais, que imos escollendo.

No final da emisión de hoxe temos que terminar recomendándolles que volvan a sintonizarnos a vindeira semana, aínda que posiblemente non poderemos estar, xa que coincide coa retransmisión deportiva do partido de futbol do Deportivo Cornellà. 

Que pasen unha feliz semana.

No hay comentarios: