sábado, 8 de noviembre de 2014

SÁBADO 08 de NOVEMBRO do 2014

Comezamos o programa propoñéndolles escoitar a ultima publicación do grupo FIANDOLA, que veñen de presentar o seu disco "VOLTA E MEDIA", para conectarnos despois co noso correspondente na Baixa Limia, Xosé LAMELA, que nos presenta ao seu contertulio de hoxe FRANCISCO XOSÉ FUMEGA PIÑEIRO, e cos que mantemos una conversa moi entretida e chea de coñecementos. Agradecémoslles a súa colaboración e despedímolos desexando voltar a falarnos.

A segunda comunicación é con ARMANDO FERNÁNDEZ, o noso colaborador que nos fai de correspondente dende o Centro Comercial MONTIGALÁ, de Badalona, no que se atopa para asistir ao "Iº Festival Solidario" organizado pola Asociación Cultural AGARIMOS, desa localidade.

Conectamos agora con XULIO SIMÓN, que sempre ten preparadas unha serie de informacións moi ben escollidas para comentalas con tódolos nosos oíntes e seguidores: Varias Pontevedras espalladas polo mundo; Eli Ríos, recente gañadora do Premio de Poesía Lueiro Rey, e outros comentarios interesantes...

A seguinte intervención é con DAVID, de "O VAL DAS MOURAS", que nos fala da intervención e participación no CONCERTO DE SES, na Sala Salamandra de Hospitalet de Llobregat o 29 deste mes de novembro. Dámoslle unha sorpresa e comunicámonos tamén con IVAN SANJURJO, representante da nosa amiga cantautora SES. O agasallo que nos fan é a posibilidade que ofrecen a  tódolos nosos oíntes e seguidores de obter algunha das 4 entradas dobres que sortearemos entre todos aqueles que nos chamen ou nos manden os seus correos, aos programas "Galegos no BAIX" ou "Sempre en Galicia", contestando ás dúas preguntas propostas por Iván:
1ª.- ¿Cal era o Grupo no que comezóu a subirse aos escenarios a nosa artista SES?
2ª.- ¿En qué barrio de A Coruña se desenvolve o decorrer da nosa cantautora SES?
Na ultima semana deste mes sortearemos estas entradas entre todos aqueles que participen.

Non puidemos contar coa presencia dos nosos asiduos colaboradores LAURA SANTOS e ARMANDO FERNÁNDEZ, por mor de certas obrigas persoais, pero coidamos que a oferta de hoxe foi digna e seguro que espertou o interese dos nosos oíntes e seguidores. A vindeira semana máis.

No hay comentarios: