sábado, 5 de abril de 2014

Sábado 05 de ABRIL do 2014

Outra entrega máis deste noso programiña en língua galega. Saudamos a tódolos seguidores. Propoñemos escoitar un chisco de música denantes de conectar con XOSÉ LAMELA, que ns presenta a LISARDO, Presidente de PLABALI. Comentamos algunha cousa relacionada coa Baixa Limia e centrámonos na Manifestación-Reclamación que se fará o vindeiro domingo, 6 de abril, concentrando os autos na estrada que está por finalizar dende O Vieiro ate Portugal. Desexámoslles moitos éxitos e que se acaden, alomemos, algunhas das súas reivindicacións. 

Despois comentamos as informacións que nos chegan á Redacción.  

Na segunda hora comunicámonos co noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN, que sempre nos ten preparada unha morea de novidades moi ligadas á nosa Literatura Galega. 

Despois falamos con PILA, do Restaurante-Pizzería "O RUEIRO", que veñen de recibir o 1º Premio do Concurso de Tapas celebrado na 39 Edición da Festa do Queixo de Arzúa. 

No final desexamos que pasen unha FELICES PASCUAS, tal e como se dicía na nosa Galicia, por estas datas próximas á Coaresma e Semana Santa. A vindeira semana non poderemos estar en directo, pero seguro que voltaremos a ofrecerlles dúas horiñas de radio en galego, para o disfrute de todos. 

¡Graciñas por estardes ahí!!!!

No hay comentarios: