domingo, 27 de enero de 2013

Programa do 19 de xaneiro

Segundo Programa do ano 2013 

 Nesta ocasión dirixe o programa ARMANDO FERNÁNDEZ. Comeza, nesta ocasión, chamando a VIANA do BOLO, para falar con SARITA VIZCAIA, da Panadería VIZCAIA PRIETO, especialistas en bolos, empanadas, bicas e pizzas "con denominación de orixe". Paga a pena escoitalos un chisquiño.


 

Coma sempre, como cada semana, comunícase coa BAIXA LIMIA para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos pon ao corrente dunha actuación algo delicada referente ao "trasvase" de agua, polo día, dende o embalse das Conchas (algo contaminado) ata o embalse de Salas, para despois, pola noite, producir electricidad... Algo delicado, como dicimos. Fai referencia á Plataforma en Defensa da Baixa Limia. PLABALI.



 Despois conecta novamente con Galicia, concretamente con Xulio Couxil, que dende Viana do Bolo, tamén, dalle algunhas informacións e novidades interesantes, relacionadas coa nosa cultura galega e coas "Nosas Cousas" en Galicia. 


Como temos algúns compromisos de ultima hora, relacionadas coas ocupacións personais, temos que reducir a emisión que acostumamos a realizar cada semana, pero introducimos unha boa selección de música, para que disfruten dela. 
 A vindeira semana realizaremos unha emisión moito máis normalizada e coa presencia física de Xulio, así como algunha que outra sorpresa agradable para tódolos nosos oíntes e seguidores.

No hay comentarios: