martes, 24 de enero de 2012

21 de XANEIRO do 2012

3º programa do 2012 - 21 de XANEIRO

Comezamos dándolle a benvida aos amigos do Bierzo ASOBECAT, que nos visitan para informarnos do seu "IX FESTIVAL DEL BOTILLO en Cataluña": Juan Pedro Sánchez e Jose Antonio López "Toño".Fannos unha pequena introducción do que vai ser este evento tan importante, que cada ano celebran no Hotel CAMPUS de Bellaterra. Nesta ocasión agasallan ao Concello de Balboa e conectamos precisamente co seu Alcalde, don José Manuel Gutiérrez Monteseirín para mantermos unha pequena conversa con el. 


A seguir saudamos a RAMIL, un participante do ultimo Operación Triunfo que nos ven a agasallar o seu primeiro CD que leva por título o seu propio nome RAMIL. Preséntanolo Serxio Seoane, que o acompaña. A verdade é que nos consideramos moi afortunados xa que somos a primeira radio en Cataluña que temos o privilexio de falar con el e sentímonos moi honrados coa súa visita. É un agasallo para os amigos do Bierzo e tamén para tódolos nosos seguidores.
Agradecémosllo moi sinceiramente, tanto a Serxio como a RAMIL: ¡Gracias, en nome de todos!

Conectamos con Galicia para falarmos, coma sempre, con XULIO SIMON, que nos pon en contacto concretamente con CARLOS CARBALLA, "Carramón" para os amigos, que nos fala da súa experiencia no Cruceiro COSTA CONCORDIA. E seguimos a escoitar outro dos singles do CD de RAMIL.

Continuamos a falar cos nosos "Amigos do Bierzo" que volven a convidarnos a todos para que participemos no grande evento que celebrarán o día 11 de febreiro no HOTEL CAMPUS de Bellaterra e acabamos o programa escoitando unha peza máis de música e desexando que volvan a conectar con nosoutros na vindeira semana, que prometemos ofrecerlles outra vez dúas horiñas de radio en galego.

No hay comentarios: