Encetamos anunciando as conexións que faremos esta semana, así como algunhas das informacións e novidades que nos chegaron á Redacción. Principiamos falando con XOSÉ LAMELA, que nos presenta a MANUEL RIVERO PÉREZ, co que conversamos e mantemos unha tertulia moi amena.
Na seguinte chamada telefónica conectamos con LUÍS, da Asociación Cotomanguelo , que nos fala das Xornadas Micolóxicas que teñen previsto realizar a vindeira semana en Orazo (A Estrada) Pontevedra. Agradecémoslle a súa participación e información polo miúdo das Actividades organizadas.
Para rematar o programa de hoxe poñémonos en contacto con Xulio Simón, que nos presenta ao convidado especial desta semana: Antonio Ferrer Moreira, que nos fala da súa loita e traballo a prol do noso idioma. Podemos atopalo no seu blog: blogoteca.com/galefas. Coordinados por Xulio, mantivemos unha conversa moi interesante falando da "pancarta das discordias" : Traballamos por un ensino público de calidade.
Seguro que esto servirá de semente para que axude a inzar unha morea de concencias en favor do noso idioma.
Que pasedes unha semana moi gorentosa. Agardamos poder contar convosco outra vez máis, o vindeiro sábado.
Comentarios