lunes, 9 de noviembre de 2009

7 de novembro do 2009

Comezamos ás 7 do serán.
Estaban a retransmitir un partido de futbol do Cornellà co Llavaneras, que por certo saíu vencedor o equipo da nosa localidade. Que reciban as nosas felicitacións.
Despois dunha pequena introducción, con algunha que outra información local (os diversos "Magostos" que celebran algunhas das Asociacións Galegas na provincia) e un convite para que asistan á Asemblea Informativa que realiza a nosa "Asociación Cultural Rosalía de Castro", facemos a nosa primeira comunicación con Galicia e conectamos con XULIO SIMÓN.

Voltamos a lembrarlles que poden achegarse á Saudade, Sabadell ou a Mollet, que celebran unha conmemoración dedicada a Rosalía de Castro. Paga a pena achegarse.
Agora conectamos outra volta con Galicia, e neste caso a nosa conexión é con PACO RIVAS, o noso poeta da Mariña Lucense, que nos deleita coa súa conversa e acaba a súa intervención co recitado duns versiños "quetiño" xa que pertencen ao seu ultimo libro de poesías.
Tomámonos a licencia de reproducilos aquí, para quen non teña o vagar e a pacencia de escoitar da súa propia voz ao noso poeta estimado.

Os meus versos son cancións
que lle aprendín de pequeno,
ó xugo tirar do arado
ó xílgaro, á rula, ó merlo,
ó lene asubiar do carro,
ó mar, á fervenza, ó rego,
ó vento contra un carballo,
ó piñeiro, ó toxo, ó fenlo,
ás estreliñas, ó orballo,
ó albor que desperta o ceo,
ás sete cores dun arco,
e nada do meu maestro.

E este que segundo dixo el, define ao seu pobo:

Por entre NOIS e ORXAL
hai un carreiro,
dous regos,
moitos verdes en camás,
cun anaquiño de ceo
... e aínda máis ...

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Da gusto observar como a maquinaria de "facer Galicia" continúa a cotío sen pausa, Xulio.
Mentras eu esta fin de semana agasalleime cunha estadía de relax absoluto mergullado nas augas saladas e quentiñas dun balneario galego...ti estabas ó pe do micrófono.
Abonda con darche as grazas hoxe?
(Ben sei que non fai falla, pero...pétame)

Unha aperta

Barreira dijo...

Non sei como pero deberiamos facer un magosto virtual. En fin, parabens pola labor realizada e unha aperta.

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Agradézovos, SEMPRE, os vosos comentarios. Sei que algunhas persoas non queredes escribilos (dinme que por vergonza allea) pero sen os oíntes e tódolos seguidores, non sería o mesmo. Sabendo que estades ahí, por eso seguimos...
Graciñas...