Ola Outra vez:
Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFICIAL dos VIANOS DE MEL, que ofrecemos a tódolos que se apunten. Foi "Chousa de Alcandra" :
quen me dixo cómo facelo, e que teremos o vindeiro sábado no programa de "Sempre en Galicia", e que nos falará desta iniciativa tan interesante e que desexamos teña unha repercusión importante.
Aquí tedes unha foto do tarro de bombóns.
Tedes que enviar a vosa solicitude ao correo do blog: semprengalicia@gmail.com
Eu procurarei facervos chegar o número, tal e como me explicou "Chousa".
Mirade como vai a cousa no seguinte enderezo: http://chousadaalcandra.blogspot.com/2009/01/trasteo.html
Tamén podedes enterarvos mellor nestoutro blog:
http://oblodelm.blogspot.com/2009/01/meme-do-traste-galego.html
Un saúdo cordial a todos os que participades.
Comentarios
Ti xa tés tamén adxudicando un número no meu blog para o sorteo do pan de Antas co queixo da Ulloa.
Apertas!
Cecais non me expliquei ben de todo; pero os números que che pidan para o teu sorteo poden facelo nun comment neste mesmo post, sin necesidade de enviarche un correo.
En todo caso como xa o puxeches, se agora recibes algún solicitándoo, ti mesmo o podes ir facendo público re-comentando aquí mesmo
Moita sorte, e xa estamos en contacto.
Xa tes adxudicado o número 1 para o sorteo dos VIANOS.
Sorte e a ver cantos se "enganchan" a esta andaina tan xeitosa.
Por certo, non me queda min moi claro como vai as costas de envio do regalo en caso de que toque. ¿E si se apunta un galego de Singapur? ¡Ai como chegarán os Vianos! ;-)
Un bico!
Pois, nese caso...hai que joderse e pandar coa leria jajaja.
O certo é que esta proposta naceu precisamente para demostrar -entre outras cousas- que non todo o poden mover os cartos; e que cada persoa tamén pode dar a coñecer un produto da sua terra asumindo o custe do propio produto e tamén o envio. Cajonatós, a min molaríame ter que enviar un pan de Antas e un queixo da Ulloa a Melbourne!!!.
Anímate a participar ti tamén. Veña, que ainda queda tempo.
Unha aperta dende a Chousa.
Ignacio, tes o número 2
Eu como teño de catalán (máis ou menos) o que teño de galego, o primeiro que pensei foron os costes ;-) (la pela es la pela, nen).
Enton, entendo que xa podo facer spam e darlle a coñecer a xente os vosos sorteos.
Por certo, moi boa idea ista de publicitar sorteos con algunhas das delicias galegas.
Un abrazo e que vaia todo moi ben!
¿COmo ides nas ondas desde Cornella...en Galego..?
Solicito número e confirmo que o número pedido para a empanada de croques do meu blog é o 20.
Paso agora a poñerme en contacto con vostedes via mail para o que diciades en tratar.
Unha aperta.
beijos
p.s: com o vosso permisso vou linkar este post porque me parece uma ideia fantástica isto do galego nas catalunhas!
med015283@yahoo.es
mandarme un emilio e prometo contestarvos co meu telefono.
saúdos.
Madareiche o correo asi teño a confirmación.
Ti xa tes o teu na Caja de los Hilos.
Sorte e saúdos
Terei que facer un listado cos números que dou e cos números que me asignan.
Graciñas a tódolos que me atendedes.
Mañá publicarei o listado cos números que entreguei, polo dagor, claro. E se vanchegando máis voltarei a facer unha lista nova, coas incorporacións que vaian vindo.
Saúdos moi cordiais
Tes adxudicado o Nº 7.
Agardo que sexa un número gañador.
Recolleréi o meu no blo ue me indicas.
Graciñas e sorte.
Tes o numero 3
Agardo enviarche algunha información máis, denantes de rematar o día...
Estou algo atarefado con outras cousas, pero penso enviarche un correo como ti me solicitas.
Apertas saudosas
http://vera-artabria.blogspot.com/2009/01/meme-do-traste-galego.html
Dádesme un numeriño ? ¡ Graciassss!
e quero un número para eses bombóns! veeeeña que se acaba o conto!
e digo coma Ninsesabe: por aquí ando!
pois eu tamén quero o meu numero. Tendrás que mandarme el premio por encomienda si me sale... bueno, ya veremos a quien se lo dono...
Esto de Internet es increíble... estoy viendo gente que te pide números que "conozco" por leer sus blogs...
Un abrazo. Olga, tu prima desde Buenos Aires
Se queres podes vir a por un no meu blog, sorteo rosquillas de Ponteareas e licor café. Anímate.
Tentarei escoitar a radio o sábado.
Un saúdo.
Tés o número 23 no meu sorteo.
Apertas.
Números asignados:
1.Chousa
2.Ignacio
3.Ao Pe do Farelo
4.Manuel Luís
5.L & M
6.Vermella
7.Caja de los Hilos
8.Artabria
9.Zeltia
10.Olga
11.Carlos Sousa
12.Fada das Letras
13.Paco Penas
14.EnMeigada
15.Ninsesabe
16.Raposo
Um grande abraço!!!
Jorge Vicente
Graciñas!
Jorge Vicente: nº 17
Quenindiola: nº 18
Estade atentos este serán, de 18 a 29h que sortearemos os VIANOS, dende a emisión en directo no noso programa SEMPRE EN GALICIA.
Aínda podo dar algún numeriño máis, pero pecho o cupo ás 14h.
¡SORTE A TODOS/AS!
Felicitacións.
Podedes continuar enviando mensaxes.
Gracias por participar
Foi todo un pracer participar no voso programa; que non podemos máis que felicitarvos pola labor magnífica de facer Galicia dese xeito tan magnífico e patente que facedes.
Xa sabedes onde estamos e como contactar. Calquera proposta na que poidamos colaborar, contade con nos.
Graciñas por todo.
Unha aperta
Foi todo un pracer disfrutar coa vosa compaña.
Agora estou á espera de coñecer o enderezo de "quenindiola" para enviarlle o agasallo.
Teremos que continuar cos nosos contactos e tentar facer algo máis grande ou doutro xeito que nos siga facendo ilusión e que nos contente a todos e cumpra coas nosas inquedanzas.
Agardo as vosas informacións ou comunicacións para que me poida poñer en contacto coa persoa responsable que anunciéi pola radio para que nos faga o precio correspondente e axeitado a tódolos envío que temos que facer.
Apertas a todos.
Coido que non tiven ocasión de asignarche un número na lista que confeccionei. O día 25 tiñas solicitado o teu número e eu publiquei tódolos números das persoas que o tiñan solicitado. No día 28, o do sorteo, colocáronse tódolos números xunto co nome dos asignados e seguro que o 19 (correspondente a Cuspedepita) quedouse no fondo da caixiña e non o fixemos constar na numeración definitiva. Sentímolo moito, pero prometemos compensar este erro tan axiña como poidamos. Facilitarasnos un enderezo???
Graciñas e saúdos.