sábado, 28 de febreiro de 2026

SÁBADO 28 de FEBREIRO do 2026

Outro sábado máis con todos vosoutros. Temos que disculpar ao noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa algo indisposto e non pode estar con nosoutros. Desexamos que pronto se recupere. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que sempre ten preparada unha crónica resumida dos aconteceres daquela contorna. Os interesados poden ampliar esas novidades na páxina quepasanacosta.gal, e volve a indicarnos que este programa re-emítese mañá, domingo, en Radio Roncudo a partir das dez da mañá. Agradecémoslle a súa aportación semanal. Aproveitamos para indicar que tamén se re-emite este programa en Radio FENE, concretamente o luns.

.

A seguinte comunicación é con VANESA RODRÍGUEZ, que é unha das encargadas de poñer en marcha e celebrar o "2º Cocido da PENELA", nesa mesma localidade cercana a Monforte de Lemos. Son un grupo de perosoas inquedas que se decidiron a celebrar esa Festa o próximo día 7 de marzo. Esta localidade é o lugar de nacemento de Julia Otero. Desexamos que teñan moito éxito neste evento.

Continuamos o programa e poñémonos en contacto con don ANTONIO ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogueira, a quen felicitamos porque acaban de concederlle a distinción de "Sendeiro AZUL" á Ruta Quintá-Río Donsal, que esta Asociación puxo en marcha alá polos anos de dous mil dez. Fainos unha pequena descrición do lugar e recomenda visitar a súa páxina http://asociaconcastanoynogal.com, para ter un completo coñecemento tanto da situación como do seu percorrido. Teñen un QR que se pode descargar. Agradecémoslle a súa amable información.

Falamos con don OSCAR RODRÍGUEZ BLANCO, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoieiría de Galicia). Infórmanos da recente convocatoria do XVI Certame "Deseña unha xoia para a túa nai". Este evento xa ten unha traxectoria moi consolidada. A data de recepción das propostas e participacións remata o día 31 de marzo. Prémianse varias categorías, ata os 12 anos, dos nenos e nenas que participan. O ano pasado tiveron unha participación de dez mil deseños. Celebrarán a entrega dos premiados en Santiago de Compostela, no Centro Galego de arte Contemporáneo o día un de maio. Agradecémoslle a súa información detallada e desexámoslle que teñan moitos éxitos.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, concretamente dende Becerreá. Felicitámola pola coordinación que fixo na celebración deportiva con máis de 60 rapaces no seu colexio a semana pasada. Coméntanos algunhaas cousas relacionadas cun mural que foi diseñado e cofeccionado por dous profisionais da zona. Tamén nos fala de Nemesio Cobreros, de Becerreá, que ela quere nomealo como o "Gaudí de Lugo" polas súas fermosas costruccións. Agradecémoslle a súa colaboración.

O noso correspondente viaxeiro e reporteiro-documentalista XOAN ARCO DA VELLA, coméntanos a visita que realizou á localidade de Armariz, perto de Ourense, onde se xuntaron varios grupos de Entroidos galegos de relevancia, entre os que se atopaban representantes de Pradocabalos, os Felos de Esgos, Pantallas de Xinzo, A Mourela de Manzaneda... etcétera. Aproveitando esa visita tan interesante achegouse ao Rinconciño de Valdomar onde disfrutou dun xantar moi recuperador. Agradecémoslle a súa descrición e reportaxe. Despedimos o programa, indicando que a continuación escoitaremos ao noso colaborador Luís Losada.

"Palabras Voadoras" de LUÍS LOSADA, dende Pontevedra, recomendando a lectura dun libro de Iria Collazo: "Os mortos que amei". Comentario moi interesante que agradecemos e compartimos cos nosos escoitantes e seguidores.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 28 de FEBREIRO do 2026

Outro sábado máis con todos vosoutros. Temos que disculpar ao noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa algo indisposto e non pode est...