Unha nova emisión, despois das "ferias de Semana Santa". Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e propoñemos escoitar a participación do noso incondicional ointe, dende Río de Janeiro,
CHRISTIAN SALLES, que nos adianta o tema que imos a tratar hoxe, co noso primeiro convidado.
Tal e como lles adiantabamos, escoitamos o comezo dunha nova peza musical e poñémonos en contacto con
MODESTO FRAGA MOURE, escritor, investigador e poeta de Fisterra. Parabenizámolo polo seu traballo tan interesante relacionado coa "Biblioteca de Fisterranía". Xa leva publicado tres volumes de persoeiros sobranceiros daquelas terras. Este último recolle a vida e grandes obras de
"Don Emérito" o Médico dos pobres: Desiderio Paz Figueroa. Mantemos con el unha conversa.entrevista chea de engado e aprendizaxe. O seu traballo céntrase e deixar documentado e recollido todo o material relacionado cos personaxes daquela contorna. Unha grande laboura, que continúa e que seguro terá moitos éxitos. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe.
Continuamos o programa e recibimos a dona
MARÍA LUISA ABAD, Presidente do
"Ateneo Atlántico" de Vigo. Mestra, Licenciada en Filosofía e Letras e en Pedagoxía,Asesora de Educación Infantil, Orientadora escolar, Poeta e Escritora. Felicitámola polo traballo que está levando a cabo no Ateneo, e fainos partícipe das actividades previstas para este mes de abril, que comprenden exposicións, presentacións de libros, recitais poéticos, visitas culturais, cinemAteneo, club de lectura... etcétera. Todo un compendio de Cultura Galega de calidade. Agradecémoslle a súa particpación e desexamos que colleiten moitos éxitos.
Escoitamos outra peciña musical e poñémonos en contacto con XOSÉ RODRÍGUEZ DÍAZ, Secretario da Fundación Vicente Risco de Allariz. Temos noticia das moitas actividades que veñen desenvolvendo ultimamente, pero na conversa con el recibimos información detallada dos próximos acontecementos, todos relacionados coa Fundación: Hoxe mesmo, pola mañá, presentación do libro de María Reimondez: A casa do amo; Espectáculo "A todo RISCO" do actor Avelino González, que realizará no Cole de Cea o próximo día 8 e máis cousas cheas de interese, que escoitaredes na conversa mantida.
A seguinte é a participación do noso colaborador "viaxeiro fotógrafo"
XOAN ARCO DA VELLA, que nos comenta as últimas visitas que estivo realizando estes días pasados. Hoxe ven de recorrer as terrasa de Salceda de Caselas, parándose en Porriño para fotografar un recuncho de grande interese, que próximamente publicará na súa páxina. Agradecémos a súa aportación.
Despedimos o programa porque temos o compromiso de achegarnos ao Centro Galego de Barcelona, que está actuando o noso admirado amigo "Alberte Montes".
Antes de finalizar deixamos aquí a crónica semanal do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos aporta información cultural moi interesante.
Deixamos aquí o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario