Outra emisión máis deste programa. Comezamos, coma sempre coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para adubiar esta emisión e poñémonos en contacto co primeiro convidado, don SERXIO Mª RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, Historiador, Politólogo, Escritor e investigador moi coñecedor do Couto Mixto. Parabenizámolo porque próximamente, concretamente o día 23 de abril, virá a Santa Coloma de Gramenet a presentar o seu libro: "O pensamento político de Ramón Piñeiro". Fálanos dese libro que contén a traxectoria política deste personaxe tan interesante da nosa cultura galega. Tamén estudou, traballou e escribiu sobre a figura de don Vicente Risco, outro galeguista que paga a pena ler, segundo nos fala na peqeuna conversa que mantivemos. Agradecémoslle a súa participación e prometémonos voltar a contactar con el para seguirmos sabendo máis da nosa historia de das súas investigacións.
dona Lucía Araújo |
Francisco |
Recibimos nos estudios a FRANCISCO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, que nos ven a presentar o libro: "VILLASECO, Memorias de mi juventud". Precisamente o día 23 de abril tamén presentará este libro na Asociación "Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramenet. Compartirá mesa co noso anterior convidado. Este libro é a recolleita do que escribiu precisamente o seu pai, Amable Rodríguez Ferrero. Despois falaremos con máis detenemento.
Escoitamos outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con dona EVA VEIGA, Periodista, Poeta, Licenciada en Filoloxía Inglesa, grande comunicadora e presentadora na Televisión de Galicia. Ten recibido moitos Premios polo seu traballo, pero hoxe quixemos parabenizala porque acaban de entregarlle, recentemente, un Premio nos Mestre Mateu. Agradecémoslle que nos atenda tan amablemente. Fálanos das cousas nas que está a traballar ultimamente, da presentación do libro que escribiu, conxuntamente con Francisco X.Fernández Naval "Fragor do Urdido", publicado pola Editorial Belagua. Unha conversa moi agradable e chea de engado.
Dámoslle paso á presentación do libro que antes mencionamos: "Villaseco, Memorias de mi juventud", que é plasmación do que escribiu o pai de Francisco Rodríguez Álvarez, que precisamente nos agasallou. Coméntanos cómo se fraguou esta publicación, cómo se presentou xa en Viana do Bolo no verán do ano pasado, do grande éxito acadado, da repercusión que tivo naquela zona, precisamente esa localidade de "Vilaseco da Serra" é unha poboación de Viana do Bolo. Falounos das vicisitudes e do sorprendente que lle resultou a moita demanda que acadou esta publicación. Desexámoslle moito éxito e agradecémoslle a visita que nos prodigou. Voltaremos a convidalo para que participe, outra vez, con nosoutros no programa.
Recibimos ao noso colaborador XOAN ARCO DA VELLA, tamén se une á emisión HENRIQUE FdeZ-MON SÁNCHEZ, que tiña previsto participar na conversa anterior, pero retrasouse por culpa do tráfico. E dámoslle a ben-vinda a MERCÉ ALEGRÍA. Comentamos algunhas cousas do traballo Xoan, que nos adianta algo co que nos informaremos máis polo miudo con Mercé. É autora de varios libros. Coméntanos algo sobre o último que tamén presentará o día 10 de maio na Biblioteca de Rubí: "Trece Ocas". Un traballo que versa sobre o simbolismo e a maxia do Camiño. Agradecémoslles a participación de todos eles no programa de hoxe.
Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Deixamos aquí o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario