Programa especial, gravado e preparado para emitir mentres asistimos ao evento "UNHA XERACIÓN. DOUS MUNDOS" Tentamos ofrecerlles dúas horiñas de Radio en Galego, entretidas e cun contido interesante. En primeiro lugar temos a audición dunha peza do CD: DIANTE UN ECO, da nosa benquerida e admirada artista SES, Mª Xosé Silvar. A peza titúlase "Para cando eu morra", que lle da paso á primeira intervención desta tarde, a do noso correspondente nas Rías Baixas XULIO SIMÓN.
A continuación conectamos novamente con Galicia para falar e conversar co recente Primeiro Premio do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba do Concello de Cospeito, MAURIZIO POLSINELLI. Parabenizámolo e agradecémoslle a súa amable atención.
Falamos despois con CARMEN PENIM, que ven de publicar un audio-libro que leva por título "A FRAGA DE PASACORRENDO". Precisamente ela mesmo nos facilita a entrada na súa web persoal para acceder ás musicas de contos que publicou e aproveitamos ese acceso para ofrecerlles dúas pezas en primicia para todos vosoutros. Agradecémoslle esta grande deferencia e desexamos que teña moitos éxitos.
O seguinte convidado é o Gañador do 1º Premio do "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" don FRANCISCO JAVIER FERNANDEZ DAVILA, o seu poema que leva por título. "INCENDIOS". Unha conversa moi interesante e chea de informacións suficiente sobre ese traballo recentemente premiado. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga acadando moitos éxitos.
E finalizamos o programa ate o vindeiro sábado.
¡Que teñan unha feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario