Comeza o programa con Armando Fernández e
Manuel Rodríguez Julián nos estudios, xunto co noso técnico
Kiko Belinchón. Despois da sintonía, das salutacións oportunas e unha peciña de música, conectamos con
ANTONIO DÍAZ, Director da Revista "LUA NOVA". Mantemos unha conversa relacionada con actividades da A.C.G. Rosalía de Castro, como son a revista "LÚA NOVA", unha viaxe a Galicia, a próxima Festa Galega de Can Mercader, a divulgación das Baxes do "XXXVI Certame de Poesía en Língua Galega Rosalía de Castro" de Cornellà e algunha cousiña máis.
A segunda convidada é a correspondente nos Ancares, Fernanda Follana Neira. A pesar de ter preparada a súa crónica semanal tamén mantén unha conversa interesante con ámbolos dous contertulios de hoxe, sobre o Caurel, lugar de nacenza de Manuel.
Despois mantemos unha cativa conversa entre un servidor, Couxil e os dous encargados do programa de hoxe, Armando e Manuel, que están a dirixir este programa con moito acerto.
A seguinte convidada é dona
OLGA NOVOA, unha poeta moi involucrada na revista "
NÓS a XENTE do REDOR"de Ourense que comenta algunha das súas aficcións e dedicación especial, relacionadas coa creatividade escrita e poética. Tamén agasalla aos oíntes coa lectura dun poema. ¡Grazas Olga!
A crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR da FONTIÑA é a seguinte participación no programa de hoxe.
Tamén recibimos a invitación dun responsable da Asociación Cultural AGARIMOS de BADALONA, que están de celebración esta fin de semana: "25 Aniversario da súa Fundación".
Escoitamos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, Xulio Simón, chea de información cultural e proposta de lecturas moi interesantes.
Despedimos o programa ata o vindeiro sábado.
E colgamos o programa enteiro.