1ª fila: De esquerda a dereita: Gisela, un servidor, Xosé Lamela, Cristina. 2ª fila: Uxía, Manuel R. Julián, Óliver, Abel. 3ª fila: Armando e Divina. |
Propoñemos a realización deste pequeno programiña, con pouca dimensión, para aportar os nosos mellores desexos de benestar a tódolos nosos oíntes e seguidores. Convocamos unha Video-Conferencia coas persoas que podedes contemplar nesa foto que adxuntamos, a saber: O noso compañeiro de locución Armando Fernández, o noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela, o noso Presidente da A.C.G. Rosalía de Castro Óliver Fernández, a nosa coordinadora da Compañía de Teatro "Anduriña" Gisela Rodríguez, o primeiro Director deste programa Manuel Rodríguez Julián, a Médica Cristina Roldán, a tamén Médica Uxía López, o becario Periodista Abel Vázquez e a Gaiteira e grande actriz Divina Vázquez. Todos eles socios da nosa Entidade. En vindeiras emisións tentaremos ofrecerlles outro tipo de contidos. Cos audios que puidemos rescatar, montamos esta gravación (grazas ao noso Técnico Marc Fort) que humildemente vos ofrecemos, para acompañarvos nestes días de "reclusión obrigada". Agardamos as vosas críticas e comentarios para podermos mellorar. Nesta primeira parte mantemos intervencións de cada un dos participantes e acabamos propoñéndolles escoitar unha peza interpretada por María Bethânia que é un canto á Vida: A vida é bonita.
Non puidemos rescatar a segunda parte da Video-Conferencia debido á mala audición do audio, polo tanto despedímonos desexando que todos sigan disfrutando de boa saúde e ofrecéndolles outra peza musical interpretada por María Bethânia: Sonho meu.
Cóidense moito, que pronto voltaremos a esa nova normalidade que tanto desexamos, e con ben para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario