Un programiña máis con todos vostedes, que encetamos dándolles a ben.vida e ofrecéndolles escoitar unha peza do CD "1952" de TANXEDORAS, que hoxe será presentado en Allariz, coincidindo co "Poemagosto" que se celebra nesa vila Ourensana. E sírvenos para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia "Xosé Lamela" que sempre ten preparado algún convidado especial. Non puidemos manter a conversa que tiñamos prevista, pero seguro que ao longo do programa tentaremos conectar novamente para ofrecerlles a conversa que tiñamos previsto.
FERNANDA Follana Neira, Profesora de Educación Física, Corresponsal de "La Voz de Galicia" na zona dos Ancares, colaboradora con moitas publicacións culturais e que dende hoxe será a nosa correspondente naquela Montaña Luguesa. Fainos unha pequena reportaxe resumida, de varios aconteceres naquela contorna. Tamén temos en antena ao noso colaborador Kike Fernández-Mon Sánchez, que nos aporta as súas suxerencias e comentarios interesantes.
Xosé Lamela e ao seu convidado de hoxe, Xosé Simoes, cos que mantemos unha conversa chea de novidades relacionadas co Restaurante "La taverna del Clinic". Tamén nos adianta a próxima publicación dun libro que recolle unha morea de recetas de cociña de Xosé Simoes, xunto con algunha creación poética. Faremos o posible por voltar a telos na nosa humilde emisión para que poidamos saber algo máis desa futura publicación e de moitas innovacións máis.
Na segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rúa, que ten preparada a intervención dun convidado xa coñecido na nosa Radio, Xurxo Souto, que hoxe está en Pontevedra colaborando nunha das actividades de "Cantos na Maré", un "Roteiro" engaiolante para tódolos que participaron del. Recibimos cumprida información deste grande evento.
Despois dámoslle paso a Daniel Vosseler, un avogado que nos presenta a súa proposta que el mesmo lidera: "Barcelona Com Tu". Agradecémoslle que nos recibira tan amablemente e nos explicara, sucintamente, a súa oferta para Barcelona. Prometémonos voltar a conectar con el para que nos amplíe e nos dé máis datos, nunha vindeira ocasión.
Falamos despois con María, compoñente do Grupo Musical "TANXEDORAS", que nos fala do seu ultimo traballo, "1952-Tanxedoras" homenaxe a Alan Lomax. Agradecémoslle que nos dedicara estes minutiños para informarnos dese traballo tan interesante e desexámoslles moitos éxitos nesa presentación que están a piques de presentar no "Poemagosto" de Allariz.
Como non puidemos contactar con Paco Rivas, atrevémonos a "ler" dous dos seus poemas dun dos seus ultimos libriños, alomenos para que saiba que nos lembramos del. Poñemos un bocadiño máis de música e despedímonos ate o vindiero sábado, que prometemos voltar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario