domingo, 18 de marzo de 2018

SÁBADO 17 de MARZO do 2018

Unha nova entrega deste programiña de dúas horas en galego. Comezamos dándolles a ben-vida e saudando a TAMARA ANDRÉS, que nos visita nos estudos aproveitando que ven a impartir unha Conferencia na Sé da A.C.G.Rosalía de Castro. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexámoslle moitos éxitos nesta andaina.

A seguir, conectamos con Galicia para falarmos con RUBÉN RIÓS, Actor, productor e agora Director de Cine, que está a realizar unha serie de traballos moi interesantes. Coméntanos varias das súas ultimas creacións e traballos así como do proxecto que patrocina a Once e que asegúranos que poderá trasladarse a Barcelona para completalo, traballando con actores xordos... Aledámonos moito e desexámoslle que siga colleitando éxitos. Recoméndanos que disfrutemos co visionado de Milson's de Ribeira Sacra, que seguro axudará a que sexa declarada Patrimonio da Humanidade.

A intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, fai que nos acheguemos un chisco máis á nosa cultura e aprendamos algo máis dos seus ensinos. ¡Grazas, Xulio Simón!, sempre tes moitas cousas interesantes coas que nos ilustras.

Damos unhas informacións relativas ás novidades musicais que nos chegaron á Redacción e prometemos ofrecerlles eses CDs que xa temos solicitado ás diversas discográficas que as publicaron. Antes de finalizar e despedirnos de tódolos nosos oíntes e seguidores, conectamos coa Mariña Luguesa para falar co noso Poeta da Mariña, Paco Rivas, que ademais de conversar moi agarimosamente con nosoutros, sempre nos agasalla con algunhas das súas creacións poéticas, como é do caso esta vez, e coa que se despide tamén.

Finalizamos o programa desexando que pasen unha feliz semana e que volvan a sintonizarnos o vindeiro sábado á mesma hora. Prometemos ofrecerlles outro programiña entretido.




Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...