sábado, 2 de decembro de 2017

Primeiro Sábado do mes de DECEMBRO do 2017

02 de DECEMBRO do 2017.
Encetamos o programa dándolles a ben-vinda e ofrecéndolles escoitar unha peciña musical para ir adubiando a nosa emisión de hoxe. E conectamos con Galicia para que o noso correspondente na Baixa Limia - Xosé Lamela - nos presente ao contertulio de hoxe, LINO PERDIZ, responsable de PLABALI, cos que mantemos unha ampla conversa repasando temas relacionados coas importantes reivindacións que teñen en marcha e outras propostas interesantes. 

A seguir falamos con Armando Fernández, que xa se atopa en Galicia, onde se desprazou para asistir e copresentar a GALA - XANTAR de GALICIAME en Cambados a vindeira fin de semana. Coméntanos que a viaxe decorreu con ben e atópase na súa localidade natal, Liñares.

Despois conectamos con DAVID, de "O VAL DAS MOURAS" que nos fala do traballo recentemente publicado e presentado: "A Xustiza pola man". Felicitámolo e prométenos pasar polo noso programa para comentalo máis polo miúdo, cando se vexa con menos compromisos.

Comezamos a segunda hora conectando novamente con Galicia, Ferrol concretamente, onde se atopa ARSENIO IGLESIAS, gañador do 3º Premio do Certame de Poesía "Rosalía de Castro de Cornellà", a quen felicitamos e mantemos unha conversa moi amena.

Despois falamos con AMELIA Espinoso Piñeiro, Presidenta da A.C.G.AGARIMOS de Badalona, que nos fala da celebración, mañá mesmo, do XXI Aniversario da Entidade. Tamén nos comenta outras cousas relacionadas coa Entidade. Felicitámola e desexámoslles moitos éxitos.

Comentamos o novo traballo de Pancho Alvarez, que aínda non puidemos conseguir falar en directo con el, debido aos seus compromisos de concertos e presentacións do novo disco Celtis Australis, pero escoitamos unha das pezas do CD.

E para finalizar a emisión de hoxe, conectamos co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco RIVAS, que como sempre ponlle finalización ao noso programa agasallándonos coa declamación dunha das súas creacións poéticas.

Ate o próximo programa. non se emitirá o próximo sábado, ao ser festivo, pero voltaremos no seguinte sábado, con moitas novidades, música e moitas cousas interesantes. Que teñades unha feliz semana e non deixedes de sintonizarnos.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...