A primeira entrevista-conversa é con dona SUSANA, responsable de Cultura do Concello de CACABELOS, que nos informa do que teñen previsto amosar neste evento tan importantes dos Bercianos e Catalunya. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos saudarnos persoalmente o vindeiro sábado día 11, xunto co Sr.Alcalde de Cacabelos.
Falamos agora con don OSCAR RODRÍGUEZ, Presidente do COXGA (Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia), que nos informa do "VIII Concurso de XOIAS de deseño para o día da NAI". Felicitámolo polos éxitos que estan acadando e compromtémonos voltar a falar con el para que nos comente os resultados deste interesante concurso.

Conversamos agora con SILVIA PARDO, responsable de comunicación do "XVIII XANTAR Salón Internacional de Turismo Gastronómico en Ourense", do 1 ao 5 de febreiro. Comentamos con ela varios aspectos deste grande escaparate para o mundo. Este ano é un ano especial pola participación de máis dunha decena de países, xunto co país combidado Panamá. Os moitos aspectos e actividades que se ofrecen no Xantar, fan que teñan unha afluencia de público moi importante. Para nós é unha honra ser portavoces informativos e, case en exclusiva en Catalunya, deste acontecemento.
A seguinte conversa é co Director Comercial das Adegas GODELIA, Sr.Boris Golás de Antón, que nos informa da súa participación neste Festival do Botillo o vindeiro sábado, e tamén da traxectoria desa Adega tan importante nas terras do Bierzo.

Antes de finalizar comentamos algúns aspectos e acontecementos que están próximos a realizarse, como é o Entroido nas terras de Ourense, e prometémoslles contactar, en vindeiras datas, co noso colaborador don Xosé R.Cruz, grande etnólogo coñecedor destes asuntos tradicionais.
Despedímonos ate a vindeira semana, e desexamos que nos volvan a escoitar e sintonizar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario