No programa de hoxe estarán ARMANDO Fernández e MANUEL Rodríguez JULIÁN nas locucións. Temos que disculpar a presencia de Laura Santos e Xulio Couxil, que teñen certas obrigas persoais que atender. Comezamos dándolles a ben-vida e ofrecéndolles unha peza de música galega para conectar directamente con MANUEL Vázquez, Presidente do Centro Galego NÓS de Sabadell, que nos informa da "IIª Festa do LACÓN" nesa localidade, e de outras novidades interesantes.
Despois falamos con Xulio, que se atopa en Vigo, e aproveitamos para conectar con LYDIA BOTANA, esa "Bolboreta" cantante que anda "De Aquí para Alá" e que nos encandila coa súa música e coas súas propostas tan engaiolantes. Desexámoslle moitos éxitos.
Na segunda hora conectamos con Galicia para falar con UXÍA, unha das voces galegas máis importantes, que ven de realizar o concerto anual de "Cantos na MARE", homenaxeando a NARF, cunha morea de cantantes convidados. Desexamos que siga colleitando éxitos e que o vindeiro mes de febreiro recolla o "cabezón" para o que está nominado.
Conectamos con LUGO, para falar coa SRA. TERE, coa que mantemos unha conversa chea de ensinanzas e cousas de moita importancia relacionadas co Traxe Tradicional Galego. Agradecémoslle a súa amable atención.
Despois falamos con PACO RIVAS, para acabar o programa de hoxe. A súa intervención, coma sempre, ten unha componente chea de entretenemento, poesía e retranca galega.
A vindeira semana agardamos que voltedes a conectarnos. Sede felices.
Ningún comentario:
Publicar un comentario