domingo, 10 de maio de 2015

Programa do día 2 de MAIO do 2015

Aínda que cun pouco de retraso, por mor de certas obrigas persoais e outros detalles que non veñen ao conto, hoxe actualizamos o noso blog e poñemos á vosa disposición o programa dese sábado primeiro do mes de maio. Nesta ocasión temos a conexión con Galicia é para falarmos co noso colaborador XOSÉ MARÍA EGUILETA, que da man do noso contertulio XOSE LAMELA - que por certo hoxe se despide, xa que este será o último programa que fará en directo dende a emisora, xa que se despraza a Galicia dende mañá mesmo- tanto nos ten axudado para coñecer moitas cousas interesantísimas de Galicia e moi concretamente de Ourense. 

 A segunda intervención é para falarmos con outro ARQUEÓLOGO, DAVID, que ven de publicar un libro de HISTORIA de GALICIA, ilustrado por unha catalana JUDITH, con quen tamén aproveitamos para falarmos un chisco sobre o libro e outras cousas interesantes. 

 Conectamos coa nosa colaboradora LAURA SANTOS, que dende Santa Coloma de Gramanet, nos fai unha crónica moi específica da FESTA GALEGA e 32 Aniversario da Asociación Cultural AIRIÑOS da NOSA GALICIA, desa localidade. Desexámollles moitos éxitos e agradecémoslle a súa participación, a pesar das moitas ocupacións e compromisos. 

 A última conexión é co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN, que como cada semana nos ofrece unha crónica explicativa de moitas e interesantes noticias así como tamén nos ilustra coa súa grande documentación aportada. 

 A vindeira semana voltaremos. Non deixen de conectarse e sintonizarnos.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...