sábado, 18 de abril de 2015

Sábado 18 de ABRIL do 2015

Outro programa máis con vosoutros. Depois da sintonía inicial e das presentacións de rigor escoitamos á nosa amiga SES cunha das súas pezas do seu ultimo CD "Tronzar os VALOS" para darlle a ben-vida ao noso primeiro contertulio: SANTI VELOSO, o coordinador de "PONTE NAS ONDAS", a quen felicitamos polos 20 anos de realización e polos premios e agasallos que veñen recibindo ultimamente. Agradecémoslle a súa amable atención e participación no noso programa. 

 A segunda intervención-conversa é con don ENRIQUE BANDE, grande investigador e coñecedor das costumes galegas. Unha conversa chea de interese. 

 Despoís conectamos novamente con Galicia para falarmos con PABLO do Concello de Lobios, meteorólogo e moi coñecedor da Baixa Limia, que nos pon ao corrente dos seus percorridos sendeiristas pola zona do Xurés. 

 Para finalizar falamos co noso poeta da mariña Lucense, PACO RIVAS, que sempre nos ameniza a conversa coa súa locución chea de retranca e apuntes poéticos. Sentimos non poder ofrecerlles a aportación creativa esta ocasión, por certos imponderables técnicos.  

A vindeira semana voltaremos con máis informacións, noticias, entrevistas e conversa de interese para todos.

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...