sábado, 25 de outubro de 2014

SABADO 25 de OUTUBRO do 21014

Esta semana non puidemos ofrecervos o programa en directo, pero aproveitamos a ocasión para gravar unha alternativa interesante con varias entrevistas-conversas que consideramos serán do voso interese. Adubiámolas con algo de música galega, e coidamos que nos quedou un traballiño xeitoso.

A primeira comunicación foi con JUAN, Presidente da A.C.G.AGARIMOS de Badalona, que nos informaou das actividades que teñen previsto realizar próximamente, destacando no primeiro lugar o CONCURSO DE EMPANADAS E ROSCÓNS, que realizarán hoxe mesmo. Tamén nos convidou ao Festival Solidario que celebrarán no Centro Comercial MONTIGALÁ da cidade e do Festival Infantil no Teatro Principal co título: Un Xoguete, unha Entrada... 

En segundo lugar, ainda que non menos importante: A intervención foi con XOSÉ LAMELA, acompañado de don XOSÉ MARÍA EGUILETA, eminente arqueólogo na cidade de Ourense, que nos deleitaron coas súas aportacións culturais e coñecementos. Quedamos á espera de voltar a chamalos para podermos seguir aprendendo con eles. 

Depois tivemos a conversa habitual de cada semana con XULIO SIMÓN, o noso correspondente nas RÍAS BAIXAS, que sempre nos aporta algunha observación interesante relacionada coa cultura galega. Foi moi cativa a súa intervención, pero intensa. 

 Voltaremos o próximo día 8 de novembro, xa que o primeiro de mes é festivo, así que xa saben: 
¡¡¡FELIZ SEMANA e BONS MAGOSTOS!!!

Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...