A miña ausencia obriga aos meus compañeiros ARMANDO FERNANDEZ e LAURA SANTOS, a realizar o programa sen a miña participación.
Comezan saudando aos oíntes e seguidores e deseguida conectan co noso correspondente na Baixa Limia, don XOSÉ LAMELA, para que nos presente ao contertulio combidado de hoxe: Don XOSÉ GONZÁLEZ. Manteñen unha conversa moi amena e entretida, chea de informacións e opinións diversas, moitas delas relacionadas coa etiquetaxe de produtos en galego.
A segunda conversa-entrevista é con DAVID, compoñente fundador e guitarrista do Grupo Musical "O VAL das MOURAS" que nos informa da viniera actuación que verá lugar nun local mii emblemático de L'HOSPITALET DE LLOBREGAT.
Antes de finalizar o programa aínda teñen tempo para comunicarse conmigo e falamos un chisco desexando que a vindeira semana poidamos ofrecerlles outro programa que sexa do seu interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario