Outro programiña máis con vosoutros tentando ofrecervos agradables estas dúas horiñas de radio en galego. Hoxe non teremos a asidua conexión semanal coa Baixa Limia, porque o noso correspondente Xosé Lamela non está accesible... Posiblemente a vindeira semana xa o teremos en antena, con algún convidado especial. Comezamos coa proposta de escoitar un bocadiño de música do Grupo BERROGÜETTO, para lembrar a Xira de despedida que están preparando. Tentaremos poñernos en contacto con algún dos seus compoñentes para que nos expliquen algo sobre esa decisión tan drástica.
Aproveitamos a ocasión para falarmos da celebración do Día da dona na A.C.G. Rosalía de Castro, coa impartición dunha Conferencia a cargo do Presidente da Fundación Rosalía de Castro en Padrón, don ANXO ANGUEIRA.
Na segunda hora comunicámonos co noso correspondente XULIO SIMÓN, en Combarro, que nos ofrece unha serie de informacións cheas de moito contido cultural e literario.
Antes de finalizar o programa voltamos a ofrecerlles outro bocadiño máis de música galega que seguro será do voso interese.
A vindeira semana máis e, se podemos, mellor.