Por mor de certas "obrigas" personais, non puiden estar con todos vosotros nos estudios da nosa Radio, pero si que estiven acompañándovos dende a miña localización, mediante unha chamada telefónica que me fixo o amigo ARMANDO FERNANDEZ, que foi o encargado de levar adiante o programa.
Tan axiña como teña os audios que sempre grabamos, farei as particións oportunas e colgarémolo neste blog que tanto me animan a facelo e continualo os nosos oíntes e seguidores.
Pídovos disculpas polo atraso, pero deseguida que poida poñerémolo ao día.
Aquí vos presento o programa do SÁBADO 16 de NOVEMBRO pasado.
Como xa vos dixen anteriormente, dirixe ARMANDO FERNÁNDEZ, e despois dos saúdos de rigor comeza na primeira hora falando con INMA GRASS, a responsable de FOLMUSICA. Tamén interveño eu, que xunto con Armando realizamos unha conversa-entrevista moi interesante, versando a maioría do tempo sobre o novo disco de KEPA JUNQUERA: GALIZA, un libro disco que se presentará o 19 de novembro en Santiago de Compostela e que lles prometemos ofrecer en vindeiras emisións.
Despois ponse en contacto co noso correspondente-colaborador XULIO SIMÓN, en Combarro, que nos pon ao corrente das súas aportacións culturais tan interesantes, cheas de ensino para todos nós.
A seguir comunicámonos con ALFONSO RICO, o Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos fala das ultimas actividades e interesantes novidades que se están a realizar na Entidade. Agradecémoslle-lo e prometemos voltar a falar con el para que nos informe do Premio de Poesía e outras cousas.
Para finalizar propoñéomoslles escoitar un chisco máis de música galega, aproveitando o novo disco de RADIO COS, que nos envióu o noso amigo Xoan Luaces Fandiño e que seguro deleitará a tódolos nosos esocoitantes.
A vindeira semana non poderemos estar nos estudios, pero o noso programa estará con todos vosoutros. ¡Agardámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario