Un programiña máis en galego. Comezamos coa presentación do disco GALIZA, de KEPA JUNQUERA, e dándolle a ben-vinda a ANXO ANGUEIRA, Presidente da Fundación e Patronato ROSALÍA DE CASTRO, en Padrón. Mentres agardabamos a presencia doutros combidados, falamos co amigo Anxo Angueira de moitas e importantes actividades da fundación. Tamén lles propuxemos escoitar algunha peza do novo disco de Kepa Junquera.
Chegan aos nosos estudios XULIO SIMÓN e MARÍA XOSÉ SILVAR, SES. Saudámolos e mantimos unha pequena conversa con todos eles. De remate desta entrevista-conversa, agasállanos SES cunha interpretación "á capela" dunha peza tradicional galega. Paga a pena escoitala.
Na segunda hora continúa a programación a cargo de ARMANDO FERNÁNDEZ, cos seus comentarios e propostas para escoitar un chisco máis de música galega...
Para rematar conecta coa Mariña Lucense para falar con PACO RIBAS, o noso colaborador e Poeta da Mariña, para despedirse de tódolos nosos seguidores e oíntes. A vindeira semana non emitiremos, por mor do día festivo, pero a semana seguinte, é dicir o día 14 voltaremos outra vez, para ofrecerlles un programa máis, con moitas novidades e interesantes conversas e entrevistas.
¡¡¡Que sexan felicies!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario