Despois do "descanso" da semana pasada, voltamos a ofrecervos outro programiña de Radio en galego, con algunas intervencións interesantes. En primero lugar chamamos ao noso correspondente -Xosé Lamela- na BAIXA LIMIA, para que nos presente ao contertulio desta semana: PABLO RODRÍGUEZ PAZ, unha persoa con moita proxección que ademáis ten un currículum cheo de condecoracións académicas. Fálanos das moitas posibilidades e recursos dos que dispón a Baixa Limia e mantemos unha conversa-entrevista moi interesante.
Denantes de comezar a segunda hora comentamos un chisco os dous CDs que nos chegaron á Redacción: GALIZA, de Kepa Junkera e DANZAS BRANCAS, da Orquestra SONDESEU. Unha música que compartimos cos nosos oíntes e seguidores.
Conectamos con XULIO SIMÓN, que como cada semana fainos un pormenorizado percorrido polas escollas culturais que nos ofrece. Tamén nos comenta un chisco os Primeiros Premios Galegos da Música Martin Codax, e fai unha pequena referencia ao Festival que se celebrará en Pontevedra nos comezos do vindeiro ano 2014, CANTOS NA MARE, coordinado pola grande UXÍA.
Antes de despedirnos comentamos novamente algo máis sobre a música que lles propoñemos escoitar.
A vindeira semana será o ultimo programa deste ano. ¡Agardámosv@s! ¡Que teñades unha feiticeira semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario