Dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores, o equipo ao completo. Despois de escoitar unha peza de música galega conectamos con Galicia, concretamente coa Baixa Limia, coma sempre, para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos presenta ao contertulio de hoxe: MANUEL PAZ, un traballador desinteresado e incansable cheo de inquedanzas e xeneroso na súa dedicación aos seus conxérenes, en especial aos de LOBIOS. Mantemos unha conversa moi agradable.
Novamente conectamos con Galicia, nesta ocasión para falarmos con SALVADOR ALHO, un dos responsables da Asociación DORNA, da Illa de Arousa, que nos pon ao corrente das moitas actividades que están a desenrolar e fainos saber das súas dificultades con relación ás embarcacións tradicionais que teñen. Prometémonos volver a falar con el para ternos ao día das súas inquedanzas.
Na segunda hora comezamos coa noticia musical que nos pormenoriza LAURA SANTOS, dándonos a primicia que vai a ter lugar en Santiago de Compostela, da próxima presentación do disco GALIZA, do músico Kepa Junquera. Despois conectamos coas Rías Baixas, en Combarro recíbenos o noso correspondente XULIO SIMÓN, que nos ten preparado unha serie de informacións moi interesantes relacionadas entre sí, comezando co Centenario de Vinicus de Morais, e seguindo con efemérides moi interesantes da cultura Catalana, Galega, Castelá e Internacioanl. Paga a pena escoitalo. Despedímolo precisamente con música de Vincius de Morais.
Antes de rematar o programiña deste serán, falamos co noso poeta da Mariña Lucense, PACO RIVAS, que nos ameniza a conversa cunha serie de divagacións interesantes e comentarios ao uso sobre a situación social actual. Despois, declámanos algunha das súas creacións poéticas, coma sempre, para facernos desexar voltar a escoitalo a vindeira semana.
¡Que teñades unha semana chea de engado!
¡Voltaremos o vindeiro sábado!
¡Agardámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario