domingo, 17 de febreiro de 2013

Programa do sabado 16 de febrero

Unha semaniña máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programiña, en galego, para entretervos un chisco e axudar a espallar "as nosas cousas". 
A primeira parte da emisión sempre está adicada ao noso colaborador XOSE LAMELA, na Baixa Limia, que nos presenta a alguén interesante e facemos unha pequena entrevista-conversa con el. Hoxe temos que disculpalo por mor de certos asuntos personais. Agardamos e desexamos que pronto se arranxen. 
Votamos man doutros recursos e chamamos a ANA DOS SANTOS, poeta nobel que nos fala do seu libro de poemas : OJOS AMARILLOS. Ousamos pedirlle que nos lea un dos seus poemas e agradecémoslle a súa boa disposición e conversa amena. Desexámoslle moitos éxitos e prometémonos volver a charlar con ela noutro momento.

A segunda parte dedicámoslle-la ao noso colaborador XULIO SIMÓN, que dende as Rías Biaxas, Combarro concretamente, fálanos de cousas moi ben escollidas e seleccionadas relacionadas sempre coa nosa cultura galega.

Agora conectamos con O GROVE, falamos con ANA Mª MOLDES, unha nova "fichaxe" para esta nosa sección de noticias e comunicacións. Falamos con ela das COMPARSAS tradicionais e populares que se veñen realizando na penísula de O Grove, dende hai moitos anos. Coméntanos e fálanos das letras tan divertidas e retranqueiras que se publican con motivo do Entroido. Como ela mesmo dí: Son un reflexo do que a sociedade está a vivir nestes momentos, a nivel nacional e moi especial a nivel local. Paga a pena meterse na Internet e buscalas no youtube, como ela mesmo nos recomenda. Agradecémoslle a súa participación e coidamos que noutra ocasión voltaremos a tela como comunicante.

Denantes de acabar o programiña de hoxe, e aproveitando a achega que nos fixo un amigo dende Galicia, damoslles a coñecer un bocado da historia do RAVACHOL de Pontevedra, moi recomendable nestas datas do Entroido galego.

Voltamos a desexarlles unha semana moi agradable e feliz. A semana que ven faremos un novo programa e queremos telos outra vez como seguidores e oíntes. Faremos o posible por acadar o obxectivo de sempre: que sirva de lecer para todos.

Ningún comentario:

SÁBADO 10 de MAIO do 2025

A emisión do programa deste sábado fixémola dende Pantón e tamén aproveitando os estudios de "Radio Monforte", con Rafa Aguiar co...