O programa deste serán ofrecémosllo grabado no estudio 2 da nosa Radio. Hoxe faise un acto de importancia relevante na nosa "A.C.Galega Rosalía de Castro" : Día da Dona, e temos a obriga de asistir e participar nel. Para nosoutros é unha honra podermos colaborar neste acto adicado ás donas. Esté previsto que faga unha conferencia o señor Jordi, falando da poesía e nosoutros estamos convidados a declamar dúas composicións poéticas. Polo tanto o programa de hoxe emitirase despois da grabación que fixemos. Agardamos que sexa do seu agrado.
Nestes primeiros compases tentamos falarlles da vindeira inauguración ou máis ben da "reposición" do programa: "Galegos no Baix", que comezarase a emitir, no 89.4 da FM (Radio Sant Boi) a partir do vindeiro martes día 13 dende as Catro ata as Cinco. Tódolos martes de catro a cinco. A dirección correrá a cargo do noso colaborador Armando Fernández, e contará coa colaboración de Masito Beiró e Xosé Manuel Montes, dende Galicia. Desexámoslle grandes éxitos nesta nova tarefa.
A seguir comunicámonos con Xosé Lamela, que nos fala dos prolegómenos do Congreso do PESOEG que se está a celebrar en Santiago de Compostela, para elixir ao Secretario Xeral do partido.
Comunicámonos con Xosé Manuel Montes, que nos adianta a súa participación no programa de Armando en Radio Sant Boi: "Galegos no BAIX". Unha persoa desinteresada que sempre se amosou partícipe e colaborador en todo. Agradecémoslle a súa disponibilidade e seguro que será un correspondente extraordinario, dende Monforte de Lemos, para todos nosoutros.
Falamos agora con ALFONSO RICO, o novo Presidente da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos pon ao corrente das actividades previstas realizar: A Conferencia de hoxe mesmo, un próximo Campeonato de Brisca, outra Conferencia prevista para as Letras Galegas no mes de maio, a Festa de Can Mercader, os días 8, 9 e 10 de xuño, a estrena dunha obra de teatro do grupo "Anduriña" o vindeiro día 16 de xuño... ...
Rematamos o programa coa audición dalgunhas pezas de música axeitada para despedírmonos despois de convidalos a participar nos Actos previstos para este serán na sede de Rosalía de Castro.
Agardámolos a vindeira semana, que voltaremos a facer o mesmo e se for posible moito máis e mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario