|
Antonio e mais un servidor |
Comezamos este penúltimo programa do ano 2010 dándolle información á audiencia das NOVIDADES que nos chegan á Redacción. Acompáñanos
Antonio Díaz, Director da Revista "Lua Nova", da Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà. Esta semana non podemos cumplir co horario, xa que temos a obriga de asistir á presentación da revista NÓS, do Centro Galego Nós de Sabadell. Damos lectura dalgunhas das informacións e comunicamos aos oíntes a celebración, dentro das
XORNADAS CULTURAIS de Rosalía, da previsión do fallo do "24 Premio de Poesía en Língua Galega Rosalía de Castro" e Premio de Narrativa Rosa Reboredo, para o vindeiro día 18 de decembro, no que se contará coa presencia, entre outras, do Catedrático da Universidade Profesor don
Basilio Losada Castro, que tanto ten colaborado coas Entidades Galegas en Cataluña, e moi particularmente coa nosa. Seguro que na vindeira semana poderemos contar coa presencia dalgún dos compoñentes do xurado do mencionado premio, así como tentaremos dar máis cumprida información das cousas que se produzan relacionadas con esta actividade de tanta importancia no eido da creación literaria.
Despedímonos con música da nosa terra, desexando que todos volvan a conectar co 104.6 da FM, para podermos celebrar o ultimo programa felicitando a tódolos oíntes e simpatizantes.
Ata a vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario