luns, 21 de decembro de 2009

Ultimo programa do ano 2009



Voltamos a estar con vosoutros Antonio Díaz e mais un servidor, con moitas ganas de que pasen un ratiño agradable coa proposta de programa que temos para hoxe.

Aínda que así o anunciamos, como o ultimo programa do ano, non por eso deixamos de entreter e facérvolo pasar ben. A nosa teima era comunicármonos co maior número de amigos e colaboradores que de cando en vez participan con nosoutros neste programa. Os intentos tivémolos, pero entre a competencia (estaban a radiar o partido do Barça), o frío e as comunicacións que non ían tan ben como quixeramos, o caso é que tan só puidemos comunicar cos que aquí tedes destacados, e que podedes descargalos para escoitar cómo nos felicitan o Nadal e cómo lle-lo felicitamos nosoutros tamén:

Comezamos con Xosé Carlos, o responsable de Cultura da Asociación C.Galega Rosalía de Castro. Non foi posible conectar co presidente, don Ricaardo Pérez Anta, pero enviámoslle os nosos mellores desexos para estas datas.

A seguinte comunicación foi con Manoel Carrete, quen estivo solícito e descubriunos o traballo que recentemente publicará, e que está relacionado coa figura de don Tiberio Ávila e coa vila de Viana do Bolo. Tamén quixemos conectar co seu Alcalde, don Andrés Montesinos e non tivemos sorte. Prometemos facelo nun dos primeiros programas do vindeiro ano.

En terceiro lugar falamos con Serxio Seoane, quen nos revela un secretiño que tiña para tódolos nosos oíntes: A partir dagor é o representante de Zouma-Records, de Ourense, que leva a Cristina Pato, Lamatumbá... un elenco de importantes artistas galegos, que seguro nos presentará no vindeiro ano, e que nos fará chegar as súas novidades.

Comunicámonos con Galicia e contactamos con Xulio Simón. Aténdenos dende o seu "mancontro" por mor da cobertura e soporta algún grau baixo cero, na provincia de lugo. Desexámoslle o mellor para el e para tódolos seus.

Nesta segunda hora non podía faltar a conversa e felicitación que lle enviamos ao noso anterior Director: don Xosé Lamela, quen nos fala con agarimo e convida a tódolos oíntes a que se pasen polo Xurés a disfrutar daquel verxel incontaminado.

Tamén nos poñemos en contacto con Suso, da Baixa Limia, que tamén nos comenta cousas que están a realizar por aqueles pagos da "Raia Seca", e que se materializaron este verán coa homenaxe a don Xosé Luís Méndez Ferrín. Desexámoslle unhas boas festas.

Seguimos en Galicia e agora conversamos con Xosé Luís, o Chousa da Alcandra, que tanto nos axudou e colaborou connosco na elaboración e posta en marcha daquel sorteo de unha fin de semana nas "Casas Rurais de Galicia". Dende o Centro Xeográfico de Galicia achéganos os seus desexos de benestar para todos e que tamén lle desexamos o mesmo.

Seguimos coas comunicacións e achegámonos a "Saiáns", para falarmos con Pablo, meu irmán. Atópase nun lugar privilexiado frente da ría de Vigo, contemplando as Illas Cíes, aínda que nos puntualiza que nese instante estaba a disfrutar do partido do Barça. Felicitámolo e extendemos os nosos desexos a tódolos que se atopan con el, Maty, Antonio e Pili.

Xa non nos quedaba máis tempo e a conversa con Juan, de Agarimos de Badalona recibe as nosas felicitacións, non só polo Nadal, senón que esta noite están a celebrar o seu XIII aniversario da Fundación da Asociación. Ademais o domingo farán unha nova edición da "Feira do Polbo" en Badalona, diante dos locais da Entidade. Unha enhoraboa polo que levan feito e moitos desexos de continuidade e porsperidade para o vindeiro ano 2010.

Dámoslle a nosa despedida a tódolos oíntes desexándolles unhas "¡¡FELICES FESTAS DO NADAL e UN PRÓSPERO ANINOVO 2010!!". Que se vexan cumpridos tódolos seus anceios e Ata o ano que ven.

1 comentario:

Chousa da Alcandra dixo...

Coma sempre, un pracer que me permitas o privilexio de participar nesa fantástica inicitiva, Xulio.

Reitero o meu desexo de Boas Festas e un ano 2010 cheiño de portas abertas (e non so a da Quintana...)

Unha aperta dende Antas

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...