Nesta fin de semana tivemos un programa algo máis extenso, con máis conexións teléfónicas e con moitas participacións dos nosos "escoitantes e internautas". Unha vez máis, temos que agradecervos a vosa participación e colaboración estimadísima. Precisamente sodes vosoutros os que facedes posible que esta nosa emisión saia adiante e se manteña nesa liña de alta audiencia que nos enche de orgullo e satisfacción. ¡Graciñas, unha vez máis!
A primeira entrevista-conversa foi con Xosé Luís Santiso, considerado por nosoutros como un colaborador imprescindible nas nosas emisións, e mantedor desa páxina tan fermosa que leva por título "chousadalacandra.blogspot.com". Coido que teremos que comprometelo para que nos faga de "reporteiro-comunicador" dende o Centro xeográfico de Galicia. Paga a pena escoitalo.
A seguir, despois de escoitar algunha peza das nosas músicas galegas, falamos con Henrique Fernández, "Kique de Vidal", que é o seu identificativo persoal na rede. Versou a súa intervención sobre a Cultura Galega en xeral e moi en particular rememorando a figura de don Vicente Risco, que debería ser recuperado para unha maior gloria e memoria da nosa historia.
Na segunda hora conectamos con Galicia e falounos Xulio Simón de variados temas. Mentounos a posibilidade de visitar Lugo, con motivo do domingos das mozas, de tantas lembranzas e ledos recordos para moitos dos nosos oíntes e para el mesmo. Lectura de textos interesantísimos e despediuse cunha referencia a Alberto Miguez, que faleceu o mes pasado en Madrid e lenos un texto de Méndez Ferrin sobre o Pensamento Político de Castelao, publicado en París... ...¡¡¡Escoitádeo aquí !!!
Despois falamos con Cesar, un dos compoñentes da Asociación de Veciños de Freixo e da Peña Freixo Rock, de Valladares, Vigo: http://freixo.net/penafreixo. Acaban de recibir nada menos que 30 participacións no "1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo". Algo novidoso e do que seguiremos falando en vindeiros programas, xa que non só ten rabiosa actualidade, senón que tamén debemos ter información doutras cousas interesantes, ou cando menos fóra do común, e que serven para "enganchar" aos mozos-as en actividades diferentes e de certo interese, aproveitando as novas tecnoloxías. Noraboa pola súa inicitaiva e seguiremos en contacto, cando menos para saber cal foi o veredicto final e cales foron os gañadores dese "1º Concurso de Cutremetraxes de Freixo".
¡¡¡ Felicidades a tódalas PILAR e ata a vindeira fin de semana !!!
2 comentarios:
Graciñas polas tuas palabras, Xulio; pero o mérito é inequívocamente voso. Por poñerlle voz á Galiza presente en Cataluña e por facer sentir país tamén alén do noso territorio.
Xa sabes que é un pracer partillar con vos e participar desa tarefa xenial que vides desenvolvendo dese maneira xenerosa.
Unha aperta para todos os oíntes lector@s deste recuncho de Galicia!
Tamén puxemos a "peza de música" que nos enviaches, non sei si a escoitaches, pero GRACIÑAS, pola túa aportación.
Nesto de espallar "o noso" estamos todos no allo. Coido que grauciño a grauciño "algo facemos", entre todos.
Novamente ¡graciñas pola túa colaboración! e seguirémoste lendo e amolando, cando nos conveña (se te deixas, claro).
Unha aperta
Publicar un comentario