Comezamos unha nova emisión do "Semprengalica" coa nosa sintonía, as salutacións e disculpando a presencia do noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa convaleciente e está a recuperarse dunha pequena indisposición. Desexamos que pronto se recupere. Escoitamos un bocadiño de música e conectamos con Galicia para recibir a crónica informativa do noso correspondente OSCAR REY, dende a Costa da Morte. O resumo de novidades que comparte con nosoutros pódense ampliar visitando a páxina quepasanacosta.gal. Tamén volve a repetir que este programa se repetirá mañá domingo en Radio Roncudo, e o luns en Radio Fene. Agradecémoslle a súa colaboración.
Escoitamos unha peza musical e namentres informamos dalgunhas novidades relacionadas co Centro Galego de Barcelona, que nos chegaron á Redación. Tamén comentamos a próxima celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da nosa A.C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, que complementaremos en próximas datas.
Falamos con HUGO CABANO, da Asociación de Veciños do Val de Torés, no Concello de As Nogais. Coméntanos que están a traballar para acadar un mellor mantemento e conservación do BIC que é a Torre medieval de Torés, xa que últimamente tivo un pequeno derrube, e se non toman cartas no asunto as autoridades competentes, pode converterse nun monumento completamente derruído. Desexamos que teñan moita sorte coa súa reivindicación e ogallá consigan o obxectivo que pretenden.
A segunda hora comezámola recibindo a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos da cumprida información dalgunhas novidades acontecidas naquela contorna. Agradecémoslle a súa aportación e desexamos que siga disfrutando da fin de semana.
Despedimos o programa anunciando que a continuación temos a colaboración do noso correspondente, e desexámoslles que teñan unha feliz semana.
Comezando cunha peza de música, escoitamos a colaboración do noso correspondente en Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nesta ocasión está centrada sobre outro instrumento tradicional galego, pouco coñecido: A trompa, birimbau, guimbarda ou arpa de boca. Finaliza ofrecéndonos unha peza tocada con este instrumento.
Deixamos aquí o Programa Completo - Enteiro.


Ningún comentario:
Publicar un comentario