Saltar ao contido principal

29 de XUÑO do2024

Último programa desta tempada 2023 - 2024. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacions oportunas e escoitamos unha peza de música para conectar con Galicia e recibir a crónica-colaboración do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO. As súas comunicacións son unha escolla das noticias que se producen naquela contorna, pero que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación semanal e desexamos que teñan un feliz verán.

Despois de escoitar outra pea de música, poñémonos en contacto con JUAN PEDRO SÁNCHEZ GARCÍA, Presidente da Asociación de Bercianos en Cataluña (ASOBECAT), para felicitalo, porque hoxe é o seu Santo. Pero tamén para que nos informe dalgunhas novidades que teñen previstas. A máis inmediata é a proxección dunha pequena proxección-adianto sobre a película relacionada co libro "Camino Negro", da escritora María Luisa Picado, que foi agasallada no Festival do Botillo do ano pasado. Será o día 13 de xullo no Asador do Bierzo. Haberá un xantar previo, ao que se terán que anotar tódolos asistentes. Tamén nos comenta a próxima participación na entrega dos Arlequins da FEGALCAT, en Viveiro. Será premiado un periodista deportivo do Bierzo. A celebración da Festa da Virxe da Encina para o mes de setembro e a Festa do Magosto para o mes de novembro. Desexámoslles moitos éxitos.

A seguinte conversa é con XOAN ARCO DA VELLA, ese noso correspondente viaxeiro que sempre nos sorprende cunha descrición relacionada coa visita especial a algún lugar da nosa xeografìa galega. Nesta ocasión fálanos da Romería que se celebrou en A Peneda, perto de Soutomaior. Alía atópase a capela da nosa Señora das Neves. Unha singular forma, ese monte de A Peneda. Ao parecer esa edificación da capela data do séculao XVII, unha cima de máis de trescentos metro, dende o mirador a carón dunha vella sobreira contémplanse unhas vistas extraordinarias da Ría de Vigo, a ponte de Rande e mesmo as Illas Cíes ao fondo. Agradecémoslle a súa aportación e desexamoslle feliz verán.

Conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RUA, que dende Combarro sempre nos fai partícipe das súas propostas culturais. Nessta ocasión completa a descrición dun traxecto en bicicleta por Portugal, concretamente dende San pedro da Furada (Espiño concretamente) ata Óbidos. Despois de desexarnos unhas felices ferias-vacacións e bon verán proponnos escoitar a peza musical "O varredor", do cantautor portugués Fausto, do seu disco Madrugada dos Trapeiros. Tamén lle desexamos nosoutros un feliz verán e agardamos voltar a contar con el na vindeira tempada.

Falamos coa nosa correspondente, FERNANDA FOLLANA NEIRA, nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá. Sempre nos axuda a coñecer máis polo miúdo as novidades daquela contorna galega, que tanto lles agrada aos nosos oíntes e seguidores procedentes deses lugares feiticeiros. Agradecémoslle a súa colaboración e desexamos que teña un feliz verán. A vindeira tempada tamén contaremos con ela, nesta tarefa de comunicación e información.

Despedímonos ata o mes de outubro ou finais de setembro. Xa lles avisaremos con tempo.


Propoñémoslles escoitar a entrevista que lle fixemos a don JOSEP RITORT FERRÚS, Secretario Xeral de AMIC (Associació de Mitjans d'Informació i Comunicació). Esta Asociación convidounos, como representantes de AMEGA (Asociación de Medios en Galego) para participar na entrega dos Premios que se entregaron no edificio de A Pedrera, para agasallar aos medios de proximidade máis salientables. Agradecémoslle a súa participación.

Deixamos aquí o programa completo.

¡QUE TEÑAN UN FELIZ VERÁN!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 27 de ABRIL do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en contacto coa Profesora, Licenciada en Filoloxía e Escritora dona REXINA VEGA , a quen parabenizamos pola recente publicación na Editorial Galaxia, dese seu libro:  "O teu perfil na miña sombra" . Ven de presentalo no Ateneo Atlántico de Vigo. Un grande éxito lle auguramos e desexamos que pronto se achegue aquí, a Cataluña, para podermos disfrutar da súa presencia e fermosa comunicación, ao tempo que nos explicará, con moito detalle, ese seu traballo tan interesante. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe. Despois de escoitar outro bocadiño de música, esta vez celebrando o cincoenta aniversario da Revoluçao dos Cravos en Portugal, coa peza "Grándola Vila Morena" de Zeca Afonso, que nos serve para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO , sempre moi interesante. Antes

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant