domingo, 26 de maio de 2024

SÁBADO 25 de MAIO do 2024

Esta semana non podemos estar en directo nos estudios, pero fixemos estas grabacións para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores. En primeiro lugar puxémonos en contacto con CARMEN PENIM, esa grande amiga, Profesora, Compositora, Artistaza, que admiramos e seguimos a súa traxectoria. Fálanos das ultimas novidades interesantes relacionadas cunha nova proposta musical que acaba de estrenar nun lugar feiticeiro, en Bóbeda concretamente. Segue co seu proxecto musical infantil (A Fraga de pasa correndo), que lle está a dar moita satisfacción e moitos éxitos. Agradecémoslle a súa colaboración no programa de hoxe.

A continuación escoitamos a participación de SILVIA CASTAÑEDA, Presidenta da Irmandade Galega de Rubí, que esta fin de semana están a celebrar a súa Festa Anual das Letras Galegas e do polbo. Fainos un pequeno percorrido das diferentes actuacións do venres, sábado e domingo. Ademais das dúas Conferencias que teñen previsto tamén se procederá ao fallo do "VII Certame de Relato Curto "Manuel Rivas", que este ano aumenta a súa participación e polo tanto adoptaron conceder 4 premios as catro categorías establecidas. Tamén nos comenta algunhas actividades moi importantes e de grande relevo, como o asunto do "Camiño de Santiago" por Rubi, investigacións e outras cousas. Desexamos que teñan moito éxito.

A continuación recibimos a colaboración de XOAN ARCO DA VELLA, que nos prometera a semana pasada que nos falaría da súa visita á Festa das Maravillas, en Cartelle. A súa experiencia verase refrexada nas fotos e algún que outro video que compartirá con tódolos seus seguidores, nas Redes sociais e na súa propia páxina "xoanarcodavella.com", que ultimamente está tendo moitas visitas e "me gusta" (ou "likes" como lle acostuman a dicir a xente nova). Coméntanos cómo se realizou esa procesión ata a Cruz (Unha grande escultura de grande tamaño) e posterior misa, acompañados deses ramos adornados con bolas, lazos e bonecas. A vindeira semana prométenos que haberá máis.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten algunha noticia relacionada co alumnado e nesta ocasión cunha acontecemento científico  de moita relevancia para eles. Tamén nos comenta as fotos, investigación e documentos aportados por Xabier Moure, que teñen moito que ver coa antiga igrexa. Outro acontecemento "A VII Feira da Empanada" que se despedirá, coa actuación do Grupo Abrente.

Continúa a emisión coa participación do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RUA, que sempre ten unha intervención chea de novidades culturais e moi interesantes.

Deixamos aquí o programa completo.

sábado, 18 de maio de 2024

SÁBADO 18 de MAIO do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programiño de dúas horas en galego. Escoitamos a sintonía do programa, saudamos a tódolos nosos oíntes e seguidores e ofrecémoslle unha peciña musical para poñernos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que sempre ten preparada unha crónica informativa moi ben elaborada, aínda que resumida, sobre aquela contorna. Tódolos nosos oíntes e seguidores poden ampliar esa comunicación visitando a páxina quepasanacosta.gal, onde atoparán abondosa información e novidades. Lémbranos que este programa reemítese mañá a partir das dez da mañá en Radio Roncudo e Radio Neria. Unha honra para nosoutros, que moito agradecemos.

A continuación , voltamos a escoitar outro bocadiño de música, neste caso unha peza do CD de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre: "Axúdame a sentir", para poñernos en contacto con XOAN, que xunto co seu equipo están a traballar nunha páxina denominada: "Guía Furanchín" dedicada precisamente aos Furancho galegos. Coméntanos cómo foi o inicio deste traballo tan interesante (recollen, con todo detalle e documentación,  unha boa presa de furanchos ubicados fundamentalmente nas Rías Baixas). Tamén manteñen un blog relacionado con estes singulares establecementos galegos de moito arraigo popular. Agradecémoslle a súa aportación e participación no programa de hoxe.

Voltamos a escoitar outro bocado de música e poñémonos en contacto con BRAIS, que manten unha páxina de documentais e fotografías de Galicia moi interesante: "NO ALLO". Contactamos con el a partir do documental que publicaron adicado á "ViBoMask 2024 - MascaradaIbérica". Parabenizámolo por ese magnífico traballo e propoñémoslle que o presenten ao "Festival de curtas de CANS", en Porriño, que seguro poderían acadar algún Premio. Cóntanos que é unha afición que manteñen etre outras dúas persoas xunto con el, que lles reporta moita satisfacción e con ese traballo pretenteden amosar un bocadiño máis da nosa Galicia, para que quede constancia delo. Desexámoslles moitos éxitos.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos comenta cousa relacionadas coa zona, concretamente Becerreá, están a celebrar a recreación e  commemoración histórica desa batalla da Guerra da Independencia, que finalizarán esta noite coa degustación dunha cea contundente abondosa en productos galegos de calidade. Tamén nos comenta a súa participación en sendas competicións deportivas das semanas pasadas e a excursión instructiva, cos alumnso, ao Bierzo, concretamente á localidade de Fabero. visitaron unha reproducción da mina "Pozo Julia", e tamén identifación de fósiles, nun espazo ao carón. Agradecémoslle a participación de hoxe.

Contactamos con LUIS GONÇALVES BLASCO "FOZ", que publicou un libro en Galaxia, co título: "Celso Emilio Ferreiro, Nacionalista Galego". Un traballo con moita documentación e aportación de datos moi interesantes relacionados coa faceta política de Celso Emilio, tanto na Península como en Venezuela. Foi un dos fundadores da Union do Pobo Galego (UPG) e encargouse de publicar, precisamente en Caracas, os documentos fundamentais dese formación política.
 

Falamos con XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten algunha cousa interesante que visitou ou publicou na súa páxina de internet. Coméntanos a publicación dun peto en Porriño e outro en Valença do Minho. Tamén nos fala do foxo do lobo e de diversos métodos de caza moi relacionados con eses foxos. A súa visita a uns petroglifos en Rianxo sorprendeulle moito, aínda que non publicou as fotos que fixo, pero teñen moito que ver coa representación duns cervos cunha cornamenta exhuberante e moi destacada. Agradecémoslle a súa participación.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. 

Deixamos aquí o programa completo.

sábado, 11 de maio de 2024

SÁBADO 11 de MAIO do 2024

Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que está acompañado de FINA PAULOS LAREO. Hoxe temos o provilexio de falar con estes dous especialistas en Intelixencia Artificial, que imparten clases en varios sectores e moi especialmente no Ensino, tanto para cativos como para o Profesorado. Veñen de participar en varios Congresos, onde recibiron algún que outro Premio. Fannos partícipes da súa inquedanza para buscar solucións empregando esas novas tecnoloxías, que se converten en ferramentas moi ben aproveitadas polos alumnos. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Voltamos a escoitar outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con HELENA POUSA ORTEGA, Filóloga, investigadora do léxico e da toponimia, a quen parabenizamos porque acaba de ser nomeada para converterse en Xuíz do Couto Mixto deste ano 2024. A súa grande aportación ten moito que ver coa investigación na "Raia do Baixo Miño" moi en concreto sobre unha Tese na que está a traballar, relacionada co idioma "Goianés" e a recuperación toponímica da zona. Desexamos que teña moito éxito na súa tarefa e voltaremos a comunicarnos con ela cando estea a punto de facer público esa Tese.

A continuación falamos con ROSALÍA MORLÁN, poeta galega que virá a Barcelona, concretamente á A.C.G.Saudade, para participar na Conferencia das Letras Galegas 2024, xunto con Armando Requeixo, prevista para o día 25 de maio vindeiro. Parabenizámola pola publicación e presentación do seu último poemario titulado: "Cando o avó esqueceu o meu nome". Falounos del, desa vivencia persoal pola que se inspirou a realizar ese poemario, basado na traxectoria familiar, concretamente do seu pai. Teremos a sorte de disfrutar da súa presencia nesa Conferencia prevista e desexamos que colleiten moitos éxitos.

Conectamos novamente con Galicia para falar con DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, "Chef" do Restaurante no Hotel Balneario Lobios-Caldaria. Fálanos da "X Festa da Caza do Xurés" prevista para os días 31 de maio,1 e 2 de xuño próximos. Desenvolverase nas localidades de Lindoso-Portugal e Riocaldo-Lobios. Realizaranse diversas actividades, aminizarase con música diversa, haberá un Showcooking viaxe gastronómico impartido polos chefs locais: Domingo Glz.Lorenzo, Cristian Salgado Feijoo, Francisco Silva González e Oscar Paz Alonso, ademais de exposicións e Conferencias, finalizando coa degustación dun xantar de convivio no Restaurante do Hotel Balneario. Desexamos que teñan moito éxito.

Falamos con Antonio, Presidente da Irmandade Galega O Noso Lar de Terrassa, que nos informa da "42 Festa Galega", que están a celebrar dende onte, venres, e que se amplía durante este sábado e o domingo tamén, con degustación de productos galegos de calidade, intervencións musicais tradicionais e populares. Hoxe mesmo están a actuar o Grupo de Baile a Gaitas de Irmandade Galega de Rubí. Contan coa particpación doutrasa Entidades Culturais e a verbena estará amenizada polo Grpo Titánic (Tributo a SAbina) e a Orquestra Klan. Convida a tódolos oíntes e seguidores que se acheguen á praza Lluís Companys de Terrasa, para disfrutar desta celebración.

Tamén contamos coa estimada colaboración de XOAN ARCO DA VELLA, que dende hai un tempo nos ven facendo partícipes das súas andainas por algúns recunchos de Galicia, cheos de interese patrimonial moi interesantes. A súa participación e colaboración é moi aprezada polos nosos oíntes e seguidores, que nos envían saúdos e felicitacións polas súas aportacións. Continuaremos dándolle paso e conectando con el a vindeira semana.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa enteiro.


sábado, 4 de maio de 2024

SÁBADO 4 de MAIO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores, propoñéndolles a escoita dunha peza de música para recibir ao primeiro convidado da tarde, Manu - CATAQUI, do Grupo Musical "DE NINGHURES", a quen parabenizamos por teren recibio un premio no "", como mellor música do 2023, coa peza "Morena", que estabamos a escoitar. Coméntanos as diferentes actuacións que posiblemente xa teñen previsto para este verán. Sabemos que foron seleccionados para os "Premios Martin Codax"... Comentámoslle que poderían enviarlles a proposta de actuación ao "Tradicionaarius" de Gracia, e tamén ao Festival de Terrasa. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.


A segunda intervención é a de dona STELLA MARIS GONZÁLEZ BALBUENA. Felicitámola por ter donado a documentación do seu pai, de don "Evaristo de SELA", á Fundación PENZOL. Evaristo de Sela foi un grande estudioso do grego, traductor e poeta con moita producción literaria, que a partir dagora poderase consultar na Penzol. Tamén nos fala da súa propia creación literaria, centrada concretamente na poesía. Coméntanos algunha cousa sobrea a autoedición de varias obras publicadas e moi concretamente "Prosas Rotas", na Editorial Elvira. Agradecésmoslle a súa información e colaboración.

Recibimos a o noso admirado amigo XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ,  Presidente do Foro Peinador, Galeguista,  Secretario da "Asociación Amigos do Couto Mixto", que nos fai unha pormenorizada información sobre a proposta de entrega aos Xuíces Honorarios que se nomearán o día 6 de xullo, na igrexa de Santiago de Rubiás (Couto Mixto). Tamén nos fala dos próximos compoñentes científicos da Academia Científica que tamén coordinan. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que colleiten moitos éxitos.

O seguinte convidado é LUIS CRESPO, que dirixe o "XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES de Redondela". Parabenizámolo por ter acadado xa eses vintecinco anos de existencia. Coméntanos a multitude de actuacións que se realizarán dende o día 13 ata o 19 de maio, coa participación de grandes titiriteiros vidos dende Italia, Arxentina, Portugal, Cantabria, Castela e León... unha grande cantidade de persoeiros que durante eses días farán as delicias dos veciños e moi particularmente dos cativos escolares de Redondela e arredores. Desexamos que teñan moitos éxitos.

Recibimos a Crónica semanal do noso correspondente na Rías Baixas,  XULIO SIMÓN RÚA, que sempre ten unha participación cultural moi interesante.

Despedímonos ate o vindeiro sábado.

E deixamos aquí o programa completo.


SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...