Saltar ao contido principal

SÁBADO 20 de XANEIRO do 2024

Comezamos unha nova emisión deste programiña de dúas horas de Radio en Galego coa nosa sintonía de sempre, as salutacións semanais a tódolos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co primeiro convidado, don XOSÉ BENITO REZA, Enxeñeiro de montes e escritor celanovés. Mantemos unha conversa moi engaiolante relacionada coas moitas actividades que se están a celebrar na Casa dos Poetas de Celanova, que é a sede da Fundación Curros Enríquez. Danos a coñecer a recente presentción dun libro de Xosé-Henrique Costas: Ao sur da liberdade, e tamén da publicación da revista que el mesmo dirixe: "A Xanela", concretamente o nº 3. Unha publicación dedicada á divulgación do patrimonio natural e cultural, que recolle unha serie de artigos moi interesantes, coa participación de plumas moi recoñecidas. Axúdanos a coñecer un pouco máis aquela contorna e agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.


A segunda intervención é a de MONTSE RIVERA, unha das fundadoras do Grupo de cantareiras e pandereteiras LEILÍA, que veñen de despedirse dos escenarios o día 13 deste mesmo mes, cun Concerto no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Un exitazo. Mantemos unha cativa conversa para felicitala e aproveitamos para desexarlle moita sorte e moitos éxitos nesta nova andaina que continuará realizando como Profesora e impartindo obradoiros de baile, canto e pandereta. Os traxes tradicionais galegos e outros obxectivos nos que segue a traballar. Poderemos contar coa súa presencia precisamente na Asociación Cultural Irmandade Galega de Rubí a partir da próxima semana, que virá a impartir unhas clases. Promete asistir tamén ao "Serán de Inverno" previsto para o día 27 deste mes de xaneiro no Centro Galego de Barcelona.

 

Conectamos agora con ALBERTO, da Asociación TREBON DO MILDEU, en Albarellos, que hoxe mesmo están preparando a actuación, que lle chama "PRE-Entroido",  e que consiste nun desfile dos compoñentes e participantes cos seus bombos e coas chocas do Entroido, percorrendo as rúas de localidade e armando un folión extraordinario que finalizan coa degustación e xantar nocturno consistente e bocadillos de "porco ao espeto" e outras viandas, acompañas co viño da zona (D.O.Verín) e chupito de licor café, para aclarar a garganta. Agradecémoslle a súa información e desexámoslle que teñan unha feliz celebración.


Informamos agora da próxima Inauguración da Exposición e Mostra: "Alfonso X El Sabio e Galicia", prevista para o día 25 de xaneiro ás 18:30 horas no Edificio Histórico da Universidade de Barcelona, e que contará coa participación e intervención dun grupo de gaiteiros da A.C.G.Rosalía de Castro. Outra celebración moi importante é a "Concentración Conxunta" nas Estacións de Tren "Sants de Barcelona e Monforte de Lemos en Lugo", para o día 27 deste mes ás 12 do mediodía, para reclamar e pedir que se volva a poñer en marcha o servicio de Tren Nocturno a Galicia, como tiñamos denantes do "Covid-19". Tamén damos a coñecer a celebración da Rolda de Prensa que terá lugar ese mesmo día 27 pola tarde, concretamente ás 18h no Hotel Front Air Congress de Sant Boi de Llobregat, na que se informará da celebración do "XX FESTIVAL DEL BOTILLO 2024 EN CATALUNYA".

Recibimos a GUMER PORTAS, de Radio Lalín, que nos pon ao corrente das moitas e importantes celebracións que se están a realizar con motivo da "LVI Feira do COCIDO de LALÍN", prevista para o 4 de febreiro, pero que dende o día 12 deste mes de xaneiro sucédense unha man chea de eventos relacionados con este evento: O mes do cocido, a Alvariza (Exposición e venta de Mel), o Divercocido (sai un porco polas rúas da vila para convidar aos cativos a unha festa-xuntanza na Carpa principal da Festa), A Matanza Tradicional, Presentación e Exposición de Arte, Entrega de Premios... Agradecémoslle a súa aportación e seguiremos en contacto.

Continuamos o programa conectando co poeta da Mariña Luguesa PACO RIVAS, que sempre ten preparada unha aportación creativa e poética moi interesante. Nesta ocasión agasállanos a tódolos nosos oíntes e seguidores coa lectura e declamación de dous poemiñas curtos de grande beleza.

Recibimos a crónica do noso correspondente das Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, con novidades culturais interesantes.

E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. Aquí deixamos o programa enteiro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Resultado do Iº CONCURSO-SORTEO do noso programa "Sempre en Galicia"

Con motivo do "23 aniversario" da posta en marcha do programa "Sempre en Galicia" realizamos este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos nosos oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente nos ofreceron as súas Vivendas Rurais, queixos e productos. O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao noso enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no noso blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número. Os participantes e números entregados foron os seguintes: 01 Rubén Alonso. 02 Mª José Jarba. 03 Paz Zeltia. 04 Chousa da Alcandra. 05 Piska. 06 Tapi 8. 07 Fernando. 08 Rafa Muñoz. 09 Vanessa. 10 Ceip C-Dena. 11 Ofir Enríquez. 12 Olga Seco. 13 Oliver Regueiro. 14 Vicente Maza. 15 Xus Vizcaia. 16Oscar Oliver Soler. 17 Mª Luísa. 18 Kike. 19 Carlos Sousa. 20 Sebastián Santiso. 21 Carmen Alvarez. 22 Mª Paz Garrido. 23 Julio Gacía Rex.

SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023

Un sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programa de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións saudamos a un convidado especial que nos visita nos estudios: ANTONIO REY (TOTÓ) , que é das Ermitas.   Escoitamos un bocadiño de música e trasladámonos (telefónicamente) á Costa da Morte, para recibir ao noso corespondente OSCAR REY CALO , que ten preparada a súa crónica semanal relacionada coas noticias daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.ga l, como vimos informando cada semana, o mesmo que lles lembramos que este noso programa re-emítese en Radio Roncudo os domingos a partir das dez da mañá. Agradecementos para Oscar e desexámoslle feliz semana. A continuación mantemos unha longa conversa con ANTONIO REY ( Totó). Falamos daquel Val das Ermitas tan feiticeiro, das Festividades que se fan, dos produtos de primeira calidade que se poden disfrutar ali, dos viñedos espectaculares, das ol

SÁBADO 2 de DECEMBRO do 2023

Outro sábado máis con todos vosoutros, pero nesta ocasión con visita nos estudios, moi especial e moi honrosa: Os Membros do Xurado do "XXXVII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà". Dámoslles a ben-vida e mantemos unha pequena conversa coa Presidenta dona CHARO GOLMAR e con ARMANDO REQUEIXO . É un pracer poder conversar con eles. Concretamente Charo fará a presentación de dous libros da súa autoría: "No bico do vento" e "Alma de Nadal". A grande festa que a Asociación C.G.Rosalía de Castro realiza cada ano, con motivo do Certame de Poesía, convértese sempre nunha grande afluencia de socios, amigos e simpatizantes, que son recibidos con música da propia Banda da Asociación. Despois, durante a cea de convivio, danse a coñecer os Premiados dese Certame. Recibimos a crónica do noso colaborador na Costa da Morte OSCAR REY CALO , que cada sábado ten preparada, coas noticias e informacións escollidas daquela contorna galega. Moitos dos nosos escoitant