luns, 26 de decembro de 2022

SÁBADO 17 de DECEMBRO do 2022

Último sábado de emisión do noso programa. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois de escoitar un bocadiño de música desguida conecta Armando Fernández con Ubaldo Pérez, do Restaurante "LOS Ancares", na rúa Robrenyo de Barcelona. Felicitacións porque ten unha visita dun grande actor galego que apreza o que este grande restaurador está a facer pola gastronomía galega. Comenta algunha das actividades previstas para estas festas que se acercan á Navidad e o que ten previsto para fin de ano. Agradecémoslle a súa estimada participación, que sempre nos recibe moi amablemente.

A continuación conecta co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY. Envíanos a súa crónica semanal coas novidades e informacións que el mesmo escolle. Os que desexen amplialas poden baixalas na páxina "quepasanacosta.gal", que el mesmo nos lembra cada vez que conectamos. Esta nosa emisión reemítese en Radio Roncudo e Radio Neira, os domingos pola mañá. Agradecémoslles a súa grande colaboración.

Despois falamos Armando e un servidor, dende o lugar onde me atopo tentando de desestresarme do contínuo trafego que levo arrastrado estes días atrás. Comentamos algunhas cousas relacionadas coa emisión e algunha que outra cousa. Felicitamos aos nosos oíntes e seguidores, desexando que teñan unhas Felices Festas e un próspero aninovo 2023.

Intervén a nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, cunha crónica moi pormenorizada e chea de interese polas moitas e interesantes cousas ás que fai referencia. Deséxanos unhas Felices Festas a todos e compartimos eses desexos con todos os nosos oíntes e seguidores.

Conecta con dona CELIA PEREIRA PORTO, Presidenta da Fundación Vicente Risco, en Allariz. Unha conversa moi interesante e chea de información, relacionada coa Fundación e coas moitas actividades que están a realizar. Sempre é un pracer poder contar coa súa participación no noso programa. Aprovietamos para compartir con todos os nosos oíntes e seguidores a postal navideña que teñen na páxina da Fundación, que representa un debuxo do propio Vicente Risco.
 

A última intervención é a do noso amigo e colaborador LUÍS LOSADA, que dende Pontevedra nos envía unha fermosa e importante aportación descriptiva dun libro de Ismael Ramos, a quen temos entrevistado nosoutros personalmente nun anterior programa. A verdade é que estas aportacións do noso colaborador son un achegamento ás obras dos autores que nos recomenda. Moitas grazas e ata o vindeiro ano 2023.

Deixamos aquí o programa completo:


domingo, 11 de decembro de 2022

SÁBADO 10 de DECEMBRO do 2022

Programa especial, gravado e preparado para emitir mentres asistimos ao evento "UNHA XERACIÓN. DOUS MUNDOS" Tentamos ofrecerlles dúas horiñas de Radio en Galego, entretidas e cun contido interesante. En primeiro lugar temos a audición dunha peza do CD: DIANTE UN ECO, da nosa benquerida e admirada artista SES, Mª Xosé Silvar. A peza titúlase "Para cando eu morra", que lle da paso á primeira intervención desta tarde, a do noso correspondente nas Rías Baixas XULIO SIMÓN.

A continuación conectamos novamente con Galicia para falar e conversar co recente Primeiro Premio do V Certame de Poesía Torre de Caldaloba do Concello de Cospeito, MAURIZIO POLSINELLI. Parabenizámolo e agradecémoslle a súa amable atención.

Falamos despois con CARMEN PENIM, que ven de publicar un audio-libro que leva por título "A FRAGA DE PASACORRENDO". Precisamente  ela mesmo nos facilita a entrada na súa web persoal para acceder ás musicas de contos que publicou e aproveitamos ese acceso para ofrecerlles dúas pezas en primicia para todos vosoutros. Agradecémoslle esta grande deferencia e desexamos que teña moitos éxitos.

O seguinte convidado é o Gañador do 1º Premio do "36 Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà" don FRANCISCO JAVIER FERNANDEZ DAVILA, o seu poema que leva por título. "INCENDIOS". Unha conversa moi interesante e chea de informacións suficiente sobre ese traballo recentemente premiado. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga acadando moitos éxitos.

E finalizamos o programa ate o vindeiro sábado. 

¡Que teñan unha feliz semana!

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...