|
Guadi Galego
|
Outro sábado máis con todos vosoutros. Hoxe temos que disculpar a ausencia nos estudios do noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa disfrutando dunha actividade de lecer con outros moitos socios e amigos. Ofrecémoslles unha peza de música para poder conectar en directo con Guadi Galego, con quen falamos da súa próxima actuación do Barnasants mañá mesmo, día 13 ás 19h. Conversamos sobre o seu ultimo traballo "Costuras", sobre os seus Concertos e previsións futuras... ... Agradecémoslle que nos atendera e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos. A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte Oscar da Fontiña, que nos fai a súa crónica semanal escollendo algunhas das noticias máis interesantes que suceden por alí. Os nosos oíntes e seguidores poden ampliar esta información entrando na páxina "quepasanacosta.gal". Voltamos a indicar, a tódolos nosos oíntes e seguidores que este programa reemítese en Radio Roncudo e Radio Neira, os domingos de 12 a 14h.
Continuamos emisión e poñémonos en contacto co noso compañeiro Armando Fernández. Aproveitando que está a disfrutar dun día de xuntanza, cóntanos en qué consistiu esa viaxe da que disfrutou hoxe. Unha colçotada acompañada de carne, butifarra e moi boa compañía. Tamén dedicaron un espazo para algunha que outra visita cultural.
A segunda hora comezámola conectando co noso amigo e colaborador Xulio Simón, que se reincorpora a esta emisión radiofónica, despois dun pequeno tempo de "descanso obrigado" por mor dunha posta a punto sanitario. Como sempre fainos un pequeno percorrido por algunhas informacións culturais. Agradecemos a súa estimada colaboración e agardamos voltar a contar con el o vindeiro sábado.
|
Manuel Costiña |
Unha primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores é a seguinte conexión, nada menos que con don Manuel Costiña, dono do "Restaurante RETIRO DA COSTIÑA" - Estrella Michelín, situado na Avenida de Santiago, 12 de Santa Comba, pertiño de Santiago de Compostela. Mantemos unha conversa-entrevista moi ilustradora de cómo podemos acceder a ese establecemento que nos enche de honra a tódolos galegos pola exquisitez na súa atención e menús de grande calidade. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que siga colleitando éxitos.
Damos conta dalgunhas informacións locais relacionadas tamén coa cultura: O próximo luns 14/02 teremos na Universitat de Barcelona ao historiador don Ramón Villares facendo unha charla sobre Cultura e Política na Galicia do século XX: de 16:30 a 17:30 na Aula 102b. E ao día seguinte, 15/02 estará presentando o seu libro "Cultura e política na Galicia do século XX" na librería La Memoria de Gracia, ás 18:30.
Finalizamos o programa escoitando un bocadiño máis de música e despedíndonos ate o vindeiro sábado. Aquí colgamos o programa enteiro para quen o desexe.