Comezamos outra emisión máis do "Semprengalicia" coa nosa sintonía e despois das salutacións oportunas dámoslle a ben-vida a Ariana Barrabés e Jesús Olivares
A segunda intervención é a de Antón Blanco, poeta e Lector de Galego na Universidade de Barcelona a quen lle agradecemos a súa aportación no noso programa. Trátase da Exposición que se pode contemplar na Biblioteca da UAB, dedicada a Xela Arias. Os que o desexen poden disfrutar dunha visita guiada polo propio Antón o vinderio luns ás 12 ou ás 17h da tarde, así como tamén o martes. Poderán disfrutar das explicacións oportunas, a cargo do propio Antón, sobor da nosa poeta galega a quen lle dedican as Letras Galegas 2021, e quizaves tamén da poesía desta grande autora. ¡Grazas Antón!
Chamamos a Carmen Penim para felicitala pola concesión do Premio que ven de recibir na Coruña, pola mellor adaptación da canción "Aí ven o barco do mar". Tamén nos adianta algo sobre o traballo que está a realizar, xunto con Maurizio claro, dedicado aos nenos: "Ven, que che canto un conto". ¡Parabens!
Seguimos, na segunda hora, conectando co noso correspondente en Combarro, Xulio Simón, que nos ten preparada a participación do Catedrático Xosé Henrique Costas. Saudámolos cordialmente e mantemos unha pequena conversa chea de ensino e engado para todos nós.
Voltamos a Galicia para conectar con Arantza Portabales, escritora que ven de presentar e publicar o libro: "A vida secreta de ÚRSULA BAS". Falamos da súa traxectoria creativa, dos premios acadados, da súa literatura e, cómo non dese libro. ¡Moitas grazas, Arantza! Foi unha honra e un pracer terte na nosa emisión.
E finalizamos desexando que teñan unha feliz semana. O vindeiro sábado máis.
Aquí teñen o programa completo.