A seguinte comunicación é co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR M. REY CALO, que nos aporta a súa crónica semanal, sucinta, relacionada cos aconteceres naquela contorna, e que podedes ampliar na páxina quepasanacosta.gal, que sempre mencionamos, así como que este programa volve a emitirse mañá domingo a partir das 10 da mañá en Radio Roncudo. Agradecémoslle a súa colaboración e desexamos que teña unha feliz semana.
Despois conectamos novamente con Galicia para recibir a crónica viaxeira e ilustrativa do noso correspondente fotográfico-etnográfico XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión nos informa dunha faceta artesanal ancestral que se desenvolve dende hai moitos anos nunha zona concreta de Galicia: A elaboración de cera.
Armando despídese da audiencia.
A continuación temos a grabación dunha pequena información relacionada co pasamento dun grande da nosa literatura: BERNARDINO GRAÑA. Comentamos o falecemento deste grande autor, que tiña 92 anos, e que tanta creación literaria tiña publicado.
Tamén escoitamos unha pequena gravación que nos envióu o noso amigo XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ, relacionada coa Restauración da Memoria Lingüística nos cemiterios (En Galego, agora e sempre), nesta ocasión unha específicamente que se realizou no cemiterio de Lira (Salvaterra) con motivo da sustitución da lápida do "Gaiteiro de Lira" Luis Hermenegildo Soutullo. Agradecémoslle a súa aportación.
Deixamos aquí o programa completo-enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario