O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enlatamos" dúas horiñas de Radio en galego bastante entretidas e moi interesantes. En primeiro lugar mantivemos unha ampla conversa-entrevista cos responsables da Plataforma HI-GALICIA, concretamente estivemos a falar con MAXI, JULI E XOAN ARCO DA VELLA, que nos fixeron un percorrido bastante pormenorizado de cómo poder aproveitar as ferramentas que ofrecen nese fermoso proxecto que seguro terá moitos éxitos e moita proxección empresarial e de grande percorrido para Galicia e para tódolos interesados. Agradecémoslles a súa amable atención e desexamos que teñan moito éxito. Aproveitamos tamén para desexarlles unhas Felices Festas do Nadal e un vindeiro aninovo 2025 cheo de venturas e prosperidade.
Escoitamos algunhas panxoliñas e tamén recibimos as felicitacións explícitas do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nos agasalla coa lectura escollida por el, dun poema moi engaiolante para felicitarnos a tódos. Tamén nosoutros desexámoslle a mesma felicidade e gorentoso aninovo.
Aproveitando que tivemos unha conversa-entrevista coa nosa poeta e amiga ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO, na emisora amiga de Radio Sant Boi, reemitímola nesta nosa programación de hoxe, porque consideramos que era unha boa ocasión para os nosos oíntes e seguidores puideran saber un bocadiño máis das inquedanzas nas que andaba metida estes días. Tamén lle desexamos unhas Felices Festas e un vindeiro aninovo 2025 cheo de saúde e ventura!
Non podía faltar a comunicación co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que tamén tico que enviarnos a súa crónica de final de ano chea de engado e tamén de felicitacións para todos. Desexámoslle un Bon Nadal e un vindeiro aninovo cheo de boas novas e grandes acontecementos. E despedímonos ata o próximo ano. ¡Que sexan Felices!
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario