Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións, escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto co primeiro convidado de hoxe:
ROGER DE FLOR, un Cantautor e Compositor Galego, que o recibimos coa súa propia música. Fálanos dos concertos e actuacións que tivo ocasión de ofrecer en Pontevedra e Bertamiráns, xunto co violinista Bernard Taylor. Tamén nos comenta a actuación no Couto Mixto. E a previsión de realizar outros próximamente, así como a posibilidade de achegarse a Cataluña nun futuro non lonxano. Agradecémoslle a súa atención.
Recibimos a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que nos comenta o premio que acaban de concederlle aos alumnos que dirixe Fina Paulos LAREO. Parabenizámolo, pola parte que lle toca e deseamos que sigan colleitando moitos éxitos. Coméntanos algunhas das noticias que escolleu para hoxe. Informa, coma sempre que os interesados poden ter máis coñecemento das noticias consultando a páxina quepasanacosta.gal, de cada semana, e que este programa poderán voltar a escoitalo na Radio Roncudo o día de mañá, domingo a partir das 10 da mañá. Despedímonos desexando que teña unha feliz semana.

Continuamos conectando novamente con Galicia para recibir á seguinte convidada:
MARIA CARMEN, Secretaria da Asociación X. XIRADELA, de Arteixo. Felicitámola polo traballo que están a realizar cos alumnos así como as actuacións que veñen realizando ultimamente. Coméntanos a súa participación na "Festa Hitórica de Arteixo 1900" da semana pasada. Tamén nos comenta as moitas actividades e talleres que estan a realizar, moi concretamente un moi curioso: Elaboración e cofeción dunha "Faltriqueira". As clases de percusión, pandeireta, música, canto e moitas máis, están impartidas por grandes mestres e profisionais. Desexámoslles que sigan nesa liña de traballo e augurámoslles moitos éxitos.

Falamos con
SILVIA PARDO DOMÍNGUEZ, a responsable de Comunicación do
SALÓN INTERNACIONAL DE TURISMO GASTRONÓMICO XANTAR, en Ourense, que este ano están de celebración: cumplense nada menso que 25 anos de existencia. Fainos un pequeno percorrido, como cada ano, de diferentes actuacións que se están a realizar neste grande evento. Comenta a celebración, no día de onte, do Campionato de Tortilla de Galicia, e da entrega do 1º Premio da Mellor Burguer de Galicia... Sempre nos recibe con moito agarimo e axúdanos a coñecer un pouco máis, polo miúdo, ese Salón.
A comunicación seguinte é con
XOAN ARCO DA VELLA, o noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico e audiovisual, que sempre ten preparada unha intervención interesante relacionada coa súa visita a un lugar determinado. Nesta ocasión fálanos da zona de Arnoia, Ribeiro propiamente dito. Achegouse por aquela contorna e tamén pasou a Cartelle, perto desta mesma localidade. Agradecémoslle a súa aportación documental que sempre é moi acaída. Recomendámoslle aos nosos oíntes e seguidores que se adentren na súa páxina:
xoanarcodavella.com que seguro terán abondosa información recollida das súas viaxes. Na vindeira semana máis.
Achegámonos a Lleida, para falar con
ELIGIO SUEVOS, un dos responsables do
Centro Galego de Lleida, que nos fala da "Festa do Pulpo" que están a celebrar esta fin de semana. Tamén nos comenta e nos convida para que nos acheguemos por aquela cidade para a próxima semana, que será cando celebren o tradicional Magosto na Entidade. Aproveita a ocasión para deixarnos falar con José, o grande pulpeiro e "Chef gastronómico" que é o encargado de farcerlles disfrutar deses produtos que elabora con grande profisionalidade. Agradecémoslle a súa comunicación. E despedímonos.
A continuación recibimos a crónica do noso correspondente XULIO SIMÓN, nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro. Nesta ocasión comeza con novas acontecidas en Portugal e continúa coa súa exposición moi interesante para despedirse con música de Arnaldo Antunes. A vindeira semana máis.
A continuación colgamos o programa completo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario