Outro sábado máis con vostedes. Dámoslles a ben-vinda e dispoñemonos a saudar ao noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que ten a súa crónica semanal preparada para compartila con nosoutros. Como cada semana indicamos aquí, que poden ampliar as informacións na páxina quepasanacosta.gal.
O segundo convidado é dona MARIA CARREIRA, unha Doutoranda galega coa que mantemos unha conversa relacionada coa súa Tese Doutoral. Está baseada na investigación sobre a obra do grande autor galego Xosé Luís Méndez Ferrin. Unha honra para nosoutros, que ademais de axudarnos a coñecer un bocadiño máis do seu traballo, tamén nos comprometemos a voltar a falar con ela para seguir coñecendo moito máis sobre ese libro publicado, que nos promete agasallar, para así poder comentalo con ela.
Despois escoitamos unha peciña de música e recibimos con moita ledicia a unha grande cantautora: SHEILA PATRICIA, unha voz extraordinaria. Felicitámola por ter recibido, nos IX Premios Martín Codax de Música, o seu Premio na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe. Tamén a parabinzamos porque foi elixida para participar no Festival Internacional WOMEX, concretamente en Lisboa. Cóntanos que está a facer unha "mini-xira" por Galicia, que se achegará a Madrid... ... Despedímola coa súa interpretación de "A Moura" e desexámoslle moitos éxitos.
Na segunda hora continuamos conectando co noso Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unha fermosa lectura dalgún pasaxe creativo seu. Agradecémoslle a súa participación, que sempre enriquece a nosa emisión con ese apunte literario.
Continuamos falando con FERNANDA FOLLANA NEIRA, a nosa correspondente nos Ancares Lugueses. A súa aportación de hoxe ten moito que ver coa recomendación de visitar e achegarse ao Val do Neira, e poder degustar calquera dos produtos que se sirven nun dos máis antigos establecementos de España, "O Taberneiro", sito en Pena (Baralla).
Aproveitamos para escoitar esa peza mítica "Sementeira" do mítico Grupo musical "Fuxan Os Ventos", que están a cumplir 50 anos de existencia, e por tal motivo inauguraron, fai uns días, unha espoxición alusiva a ese traballo, no vello cárcere de Lugo. Visita que recomendamos.
A última inervención é a do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que nos comenta a entrega do Premio Otero Pedraio ao grande investigador galego: Doutor Anxo Carracedo.
Aquí deixamos o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario