Facemos unha pequena pausa, cun pouco de música do Grupo "Luar na Lubre", para adubiar un chisco a longa e fermosa conversa que estamos tendo con estas dúas galegas tan amables: Unha Científica e unha Profesora, escritora e poeta.
Despedímolas e dámoslle-las grazas por tanto ensino e colaboración no noso humilde programa. Ate unha vindeira ocasión. E conectamos co noso amigo e colaborador intermitente Antonio Díaz, Director da Revista Lúa Nova da A.C.G.Rosalía de Castro, que nos informa dalgunhas novidades a piques de publicarse
.
Despois aínda temos un chisquiño de tempo para interesarnos pola situación do noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, a quen saudamos e cóntanos algunha novidade sobre os seus dous últimos libros publicados (A lúa non era Lúa e Rosas envaiñadas) e a próxima edición doutro do que está a corrixir as galeradas para a súa aprobación definitiva.
E finalizamos o programa despedíndonos de tódolos nosos oíntes e seguidores desexando que pasen unha feliz semana e que volvan a conectarse con nosoutros o vindeiro sábado. Prometemos unha entrevista interesante, cun grande músico. Aquí deixamos a audición do programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario