sábado, 8 de abril de 2017

Sábado 08 de ABRIL do 2017

Finalizamos este primeiro cuatrimestre do ano coa retransmisión deste programa de comezos da Semana Santa dándolles a ben-vida e propoñéndolles escoitar unha peza musical para darlle paso á primeira Entrevista-Conversa co noso amigo, antropólogo galego, don MANUEL MANDIANES CASTRO, que nos ameniza coa súa disertación sobre varios aspectos interesantes da nosa idiosincrasia galega e parte da súa producción creativa e escrita. 

Despois falamos con MARTIN ALVAREZ GONZÁLEZ, un Profesor e Chef galego, responsable a Asociación Cultural As Ortigas da Baixa Limia, con sede en Celanova, que nos fai unha "clase" ilustrativa e maxistral sobre esa planta invasora da que moi pouco se sabe e que ten moitísmas aplicacións a nivel alimenticio e tamén na agricultura en xeral. ¡Moitas grazas!

Na segunda hora conectamos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que sempre ten algunha cousa interesante que comunicarnos relacionada coa nosa cultura galega. Dessexámoslle que disfrute das Festas de Semana Santa. 

Finalmente a conexión é dupla: Con Paco Rivas, o noso poeta da Mariña e Xosé Lamela, cos que mantemos unha amena conversa relacionada con aspectos creativos de ambos e tamén recibimos, como agasallo final a declamación dunha das súas poesías. 

 ¡Que teñades unha felices Pascuas (adiantadas, porque serán o Domingo vindeiro) e que disfrutedes deste descanso e lecer da Semana Santa! Voltaremos dentro de quince días. Non faltedes á nosa emisión.

Ningún comentario:

SÁBADO 28 de XUÑO do 2025

Último programa desta tempada 2024-2025, que comezamos coa nosa sintonía de sempre e anunciando en qué consiste o programa que temos prepara...